GALICIA
O compromiso de Galicia coa igualdade avanza coa nova lei da loita contra a discriminación de xénero
O presidente da Xunta participou na xornada Avanza con elas con motivo do Día Internacional da Muller
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso de Galicia coa igualdade e avanzou que a nova Lei situará á Comunidade na vangarda da loita contra a discriminación de xénero.
Díxoo durante a xornada Avanza con elas, o acto central do Goberno galego con motivo do Día Internacional da Muller, no que afirmou que a igualdade é un principio que nos debe unir como sociedade. “Na defensa da igualdade temos cabida todos, non é algo propio duns partidos, dunha ideoloxía. A igualdade está nas nosas mans, nas do conxunto da sociedade: nas mans dos políticos, das familias, dos homes e das empresas”, abundou, incidindo en que “acabar coa discriminación é unha prioridade na que debemos traballar todos unidos”.
Logo de precisar que o anteproxecto entrará este mes en consulta pública previa, o presidente da Xunta precisou que, entre outros obxectivos, esta normativa reforzará a protección das mulleres fronte a ataques sexistas a través de medios tecnolóxicos; recoñecerá e apoiará ás mulleres que sofren discriminación múltiple; e introducirá a idea do benestar laboral nas empresas, con políticas de conciliación, teletraballo e substitución por maternidade.
Así mesmo, a nova lei incorporará un Estatuto das mulleres rurais e do mar; e Galicia converterase na primeira comunidade en recoller nunha lei os requisitos mínimos de formación en igualdade.
Ao longo da súa intervención, o presidente autonómico fixo fincapé no firme compromiso da Xunta coa sociedade galega a prol da igualdade entre homes e mulleres e na loita contra a violencia de xénero.
Afirma que a igualdade é un principio que nos debe unir como sociedade: “A igualdade está nas nosas mans, nas do conxunto da sociedade: nas mans dos políticos, das familias, dos homes e das empresas”
Nesta liña, sinalou algúns dos eidos nos que está a traballar o Goberno galego. No que se refire ao orzamento, apuntou que neste 2022 a área de Igualdade da Administración autonómica conta con 31,4 millóns de euros, o que supón un 24% máis que en 2020. Así mesmo, lembrou que a Xunta ten activado o novo Plan Emprega Muller, con 34,3 millóns de euros, ademais dos 3,7 millóns de euros investidos no que vai de lexislatura para a consolidación da igualdade laboral.
Do mesmo xeito, recordou que Galicia converteuse en 2021 na primeira comunidade en impartir formación específica en igualdade laboral en modalidade virtual, e que en 2022 destinaranse máis de 16 millóns de euros a medidas de apoio á conciliación. E, no que se refire á loita contra a violencia de xénero, precisou que a Comunidade porá en marcha o I Plan Galego contra a trata e a explotación sexual.
Sen a plena igualdade non é posible avanzar cara a un mundo mellor
Feijóo asegurou que “sen acadar a plena igualdade non é posible avanzar cara a un mundo mellor” e, neste sentido, lembrou as melloras que Galicia ten acadado no emprego feminino: a nosa Comunidade é a segunda con maior taxa de mulleres autónomas e a taxa de emprendemento é maior entre as mulleres. Se ben insitiu en que aínda queda moito por facer xa que: só un 31% das mulleres teñen postos de responsabilidade en grandes empresas, o paro é maior entre elas e o 90% das excedencias para coidado de fillos ou de persoas con dependencia as solicitan elas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11