Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 13 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A ruta “Salvaterra en marcha” celebrarase a finais de mes

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración co Clube de Montaña Airiños e dentro do proxecto “Salvaterra en Marcha” convoca a  súa primeira saída á natureza o DOMINGO 27 de Marzo, totalmente de balde.

 

Nesta primeira saída o faremos cunha ruta  dentro do noso Concello. Será a denominada “Pola Senda do Miño e viñedos do Condado”.

 

Unha ruta circular de pequeno percorrido e de dificultade técnica doada que se comezará ás 11 da mañá do domingo 27 de Marzo na Praza do Concello de Salvaterra, finalizando no mesmo lugar sobre as 5 da tarde. Terá un traxecto de 17 km totales, dos cales os 12 primeiros se farán  a  pé e os  últimos 5 km con motorización turística. A organización da actividade, poderá en calquera momento por causas non previsibles, modificar ou anular a ruta. O almorzo farase na propia ruta e cada senderista levará a súa propia comida.

 

Esta ruta ten por obxectivo promover por unha banda a beleza paisaxística  desta senda fluvial Río Miño, unha paisaxe única en todo o  Continente pola  inmensa cantidade e variedade de bosque que acompaña as  súas augas  na desembocadura ao mar; promovendo, ao mesmo tempo, a riqueza das grandes plantacións de viñedos de uva Albariño do condado que nos rodean e que simbolizan en gran parte a identidade de  Salvaterra dentro e fora das nosas fronteiras.

 

Se convida a todas as persoas que desexen gozar dunha xornada diferente e camiñar acompañadas. Os requisitos para inscribirse nesta actividade son: estar en boa capacidade física e ter de 14 anos en diante (os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. O Número de participantes está limitado a 45 persoas, tendo preferencia por orde de inscrición.

     

Inscricións no teléfono   622 887 174 ( vía whatsapp ou sms obrigatorio)

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.