GALICIA
A conselleira de Política Social participou na Asemblea Xeral Ordinaria da Rede galega contra a pobreza
Fabiola García sinala que a coordinación coas entidades sociais permite atender as distintas necesidades das persoas en risco de exclusión social
A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que a coordinación coas entidades sociais permite atender as distintas necesidades das persoas en risco de exclusión social. Esta semana participou na primeira Asemblea Xeral Ordinaria presencial logo de dous anos da Rede galega contra a pobreza (EAPN-Galicia), onde resaltou o importante labor desta organización para actuar ante as consecuencias socioeconómicas da pandemia sanitaria da covid-19.
A conselleira lembrou que desde o inicio desta pandemia, a sociedade civil galega e as institucións traballaron da man e actuaron en dúas direccións: atendendo ás necesidades extraordinarias e máis urxentes e, posteriormente, facilitando as ferramentas e mecanismos necesarios para que as persoas en situación de vulnerabilidade puideran recuperar a súa autonomía e as rendas da súa vida.
Neste sentido, enumerou as medidas postas en marcha polo Goberno galego para atender a esta situación como a Tarxeta Básica, que na actualidade recibiron máis de 70.000 galegos para a compra de produtos de alimentación, hixiene e farmacia; a posta a disposición da maior orde de axudas a entidades sociais cun investimento de 18 millóns de euros; ou a axilización na tramitación das Axudas de Inclusión Social (AIS) ou a Risga para facilitarlles o acceso ás persoas que máis o necesitaban.
Lembra que o Goberno galego puxo en marcha axudas extraordinarias e inmediatas como a Tarxeta Básica, a maior orde de axudas a entidades ou a axilización da Risga e das AIS
Lei de Inclusión Social
Fabiola García apuntou que nestes momentos é preciso mirar cara o futuro e trazar o camiño cara unha Galicia máis comprometida e responsable. Para iso, resaltou que o pasado mes de decembro a Xunta, os concellos e as entidades sociais asinaron a Axenda Social Única 2024 que contempla os compromisos dos distintos organismos para mellorar a vida das persoas en situación de exclusión. Así mesmo, a Xunta traballa nunha nova Lei de Inclusión Social, en colaboración co tecido social, para reordenar e actualizar as axudas públicas logo da posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital.
A conselleira puntualizou que tamén é importante ter en conta o impacto que a guerra en Ucraína xa está tendo na economía dos fogares galegos e estar preparados para facerlle fronte. Sobre este asunto tamén puxo en valor o espírito solidario que, unha vez máis, está a amosar a sociedade galega ante esta crise humanitaria. Lembrou que xa se puxeron a disposición máis de 1.400 prazas para acoller refuxiados por parte das administracións autonómica e local, das entidades sociais e tamén das persoas a nivel particular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218