PONTEAREAS
O PP solicitará ao bipartito que reflicta o 50% do financiamento da estación de autobuses nos orzamentos
"Comprometeuse coa Xunta de Galicia a cofinanciar a reforma do edificio, achegando o 50% e facéndose coa explotación da mesma durante 20 anos" explican
O Grupo Municipal do PP esixe "que se inclúa unha partida no orzamento municipal 2022 que inclúa o diñeiro comprometido coa Xunta de Galicia para levar a cabo a mellora da Estación de Autobuses de Ponteareas".
"A administración autonómica reservou a partida comprometida e o Concello de Ponteareas ten que facer o mesmo, cumprir o seu compromiso para que se poida levar a termo esta reforma tan necesaria" aseguran. “O edificio está moi deteriorado, como moitos outros neste Concello porque os mantementos non son o punto forte deste Goberno bipartito. Temos a oportunidade de facer a reforma e non podemos perder o financiamento que puxo a Xunta de Galicia para este 2022 nin debemos perder a oportunidade de continuar utilizando ese edificio a nivel municipal os próximos 20 anos”, explicou Villar.
Os populares lamentan a actitude de Roberto Mera, que coa súa ansia de exercer de alcalde na sombra, está a tirar pola borda negociacións dos seus antecesores que desde logo exercían a política con maior talante e diálogo. “Mera non ten intención de que a Xunta de Galicia invista no noso pobo, por iso non ofrecen unha localización para o centro de Saúde nin tampouco acepta o convenio para a reforma da Estación de Autobuses, así pode seguir co seu discurso antixunta que é o único que lle preocupa”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49