Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Lunes, 14 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Rueda en Tomiño " é momento de cambio e apostar por un novo proxecto"

Destaca que o PP “é o partido do Goberno de Galicia, que ofrece certeza e estabilidade alí onde goberna”

O Partido Popular presentou  os nomes das persoas que integrarán a nova xestora de Tomiño, que estará presidida por Lara Meneses Álvarez. Foi durante un acto con afiliados no que participou o presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, que destacou que en Tomiño é momento de cambio e de apostar por un novo proxecto no PP e tamén no Goberno local.

 

“Hoxe comeza a renovación do PP local, pero tamén o cambio en Tomiño. Hai un goberno local esgotado, sen proxecto, insensible coas necesidades da cidadanía e instaurado na crispación e na confrontación permanente”, lamentou Rueda, que recordou que o PP “é o partido do Goberno de Galicia, que ofrece certeza e estabilidade alí onde goberna”.

 

Rueda aproveitou a súa intervención para pedir ao novo equipo “unidade e moito traballo”, e subliñou que “o PP aposta polo municipalismo, temos concelleiros nos 61 concellos da provincia e deputados provinciais en todos os partidos xudiciais. Isto é estar coas persoas”.  O líder provincial puxo en valor as novas incorporacións á xestora, que se renova nun 40%, para que o partido continúe crecendo, pero tamén que se tivese en conta a todas as persoas que suman tanta experiencia. “Trátase de sumar xente nova, pero sen prescindir de ninguén, para conseguir un proxecto do PP no que todos os afiliados se sintan integrados e identificados”.

 

 

 

 

A nova xestora, renovada nun 40%, mestura novas incorporacións ao partido con persoas que levan tempo traballando nel e ofrecen a súa experiencia

 

 

 

 

Lara Meneses presentou unha xestora integrada por 15 persoas, entre as que figuran como vicepresidente Aitor Bouzada López e como secretario José Lorenzo Iglesias Núñez. Completan a lista doce vogais: Esteban González Miranda (voceiro do grupo municipal), Raquel Ozores López (concelleira), Diego Domínguez Martínez (concelleiro), Isabel Díaz Iglesias (concelleira), Mónica Otero Álvarez, Bruno Núñez Rodríguez, Alba Martínez Guerreiro, Iván Campos Puga, Álvaro Álvarez Vaz, José Carlos Domínguez Cuña, Brais González Pacheco e David Vila Magán.

 

A nova presidenta comprometeuse a defender os intereses e necesidades de todos tomiñeses, os do centro pero tamén os das parroquias, “os grandes esquecidos do Goberno local. Tomiño somos todos, e neste equipo hai moitas ganas, pero tamén haberá moito traballo, esforzo e dedicación”.

 

Lara Meneses recordou que Tomiño confía no PP nas eleccións autonómicas e nas xerais, “e queremos que volvan a confiar no PP tamén a nivel local. Sabemos que os tomiñeses e as tomiñesas teñen ganas de volver a facelo, e por iso seremos o PP que están esperando”.

 

O órgano, que será refrendado na próxima reunión do Comité Executivo provincial, encargarase de reforzar a estrutura de partido e seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

 

Lara Meneses ten 25 anos. É tradutora, Graduada en  Filoloxía Francesa e Máster en Tradución e comunicación internacional. É membro da xunta directiva do PPdeG.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.