Sábado, 09 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 22:16:27 horas

Xornal21.es
Miércoles, 16 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño traballa nun Plan de Sostibilidade Turística

Persoal técnico dos 14 municipios reuníronse este mércores en Mos para elaborar un documento inicial, con 20 accións de partida

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos cara a un turismo sostible. Persoal técnico dos 14 municipios que integran o xeodestino reuníronse este mércores en Mos para comezar a deseñar o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino, co que presentar a súa candidatura ao programa do mesmo nome posto en marcha polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para impulsar a transformación do territorio baseándose nun produto turístico sustentable e que será financiado con fondos europeos Next Generation.


O encontro rematou cun documento inicial de traballo no que se parten de 20 accións coa enogastronomía como fío condutor que a partir de agora se analizarán en detalle para decidir aquelas accións definitivas que se trasladarán ao Plan.


Para a elaboración da candidatura, o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño puxo en marcha un proceso participativo con dinámicas de grupo cos axentes implicados, pero tamén unha enquisa dirixida a todos os grupos de interese relacionados co sector turístico dos 14 concellos do territorio. Un breve cuestionario en liña co que recoller opinións e suxestións que permitirán modelar a folla de ruta coa que concorrer ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino e no que se pide valorar dende eixes prioritarios e tipoloxías de turismo máis axeitadas para o Xeodestino ata facer unha avaliación do grao de desenvolvemento turístico no territorio ou achegar propostas de acción.

 

 

 

 

Ten en marcha o proceso participativo para recoller a opinión sobre o sector turístico de axentes implicados e grupos de interese

 

 

 


As técnicas e técnicos municipais durante a reunión fixeron unha recompilación e análise das respostas recibidas ata o momento e acordaron ampliar o prazo de participación ata o vindeiro martes 5 de abril.


Á marxe do Plan de Sostibilidade Turística en Destino, durante o encontro o persoal técnico analizou tamén as accións que se teñen previsto executar ao longo deste ano ao abeiro do convenio de colaboración entre o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e Turismo de Galicia e que teñen como obxectivo principal presentar este destino fóra do territorio e traballar de forma activa coas empresas do sector turístico.


A mesa de traballo do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do Xeodestino volverá reunirse o vindeiro mércores 6 de abril para seguir avanzando. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.