Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Marzo de 2026 a las 20:05:51 horas

Xornal21.es
Jueves, 17 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos homenaxea aos seus nadadores do Club Natación Mos

O Club trouxo para Mos numerosas medallas das últimas competicións nacionais e autonómicas nas que participou

Esta tarde celebrouse no Concello de Mos a recepción ao CLUB NATACIÓN MOS polos resultados obtidos nas últimas competicións nacionais e autonómicas nas que participaron e a presentación do CAMPIONATO GALEGO DE FONDO MASTER que se celebrará o vindeiro 20 marzo no Pavillón Óscar Pereiro e do que son anfitrións e organizadores.

 

[Img #74900]

 

No acto estiveron presentes parte dos nadadores/as homenaxeados, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, demais membros da Corporación Municipal mosense, Daniel Benavides Alonso, xefe de servizo do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, ADRIÁN TRILLO, Vicepresidente do Club Natación Mos, JUAN FERRÓN, Secretario do Club Natación Mos, CARLOS GARCÍA, Vogal do Club Natación Mos e ANDRÉS CARRERA, Vogal de Augas Abertas da Federación Galega de Natación.

 

Os RESULTADOS do Club Natación Mos polos hoxe foron galardoados son:

 

  1. Campionato Galego Master de Inverno:

-Marcelo Jorge categoría +55: 1° posto nas probas de 50 braza, 100 braza e 100 estilos.

-Ricardo Rodríguez categoría +60: 2° posto nas probas 50,100e 200 libres e 1° posto en 100 braza.

-Marcos Cerdeira: categoría +55: 2° posto nas probas 100 braza e 100 estilos.

-Andrés Rodríguez categoría +60: 1° posto nas probas de 50 mariposa, 100 espalda, 100 braza e 100 estilos.

-Ana Morgadas categoría +25: primeiro posto na proba de 100 libres feminino +25 e primeiro posto na proba de 50 libres feminino.

-Roi Rodríguez categoría +25: segundo posto nas probas de 100 libres e 50 braza masculino e terceiro posto nas probas 50 mariposa masculino e 50 libres masculino +25.

-Carlos García categoría +25: terceiro posto en 100 estilos masculino.

-Relevo 4x50 Estilos +24: Prata.

 

  1. Galego Infantil- Junior: Categoría Junior:

-Antía Costas Bronce 50 costas

Categoría Infantil:

-Eva Martínez: bronce 100 e 200 costas, con mínima nacional nos 100 Costas

-Carolina Pereiro: prata 100 Braza.

 

  1. Campionato España Máster:

-Marcelo Jorge: 2° 100 costas e 50 Braza e terceiro 100 Braza categoría +55

-Andrés Jesús: 1° 200 Braza e 100 Braza e 3° 50 Costas e 100 Costas

 

  1. Campionato España infantil de inverno:

- Carolina Pereiro participou nas probas de 100 e 200 Braza estando en ambas probas entre as 10 mellores do seu ano. Carolina logra ser a deportista con máis participación nun campionato de España, sendo esta a súa 3ª participación, con mínima para a edición de Verán nas probas de Braza. Forma parte do Grupo Especial de Seguemento da Federación Galega de Natación.

 

  1. Campionato de España de Natación Adaptada por CC.AA:

Celebrarase en Cádiz este próximo fin de semana, estando convocados por parte da selección galega de Natación Juan Ferrón, que buscará mellorar a súa MÍNIMA MUNDIAL, e Xouba como seleccionador galego.

 

CAMPIONATO GALEGO DE FONDO MASTER

XIII MEMORIAL GERARDO STEUDEL. Celebrarase o vindeiro domingo 20 de marzo contando coa participación de 113 deportistas pertencentes a 18 clubes galegos.

 

É a primeira vez que a Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro alberga un campionato destas características.

 

[Img #74901]

 

O equipo do Club Natación Mos estará formado por 6 nadadores de categoría masculina e os obxectivos pasan por estar entre os primeiros clasificados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.