Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 21 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas prepárase xa para celebrar o seu Corpus con normalidade

Concello e alfombristas mantiveron unha reunión para comezar a perfilar unha edición moi agardada tras dous anos de pandemia

Ponteareas recupera a normalidade e volverá a ser a vila do Corpus como antes da pandemia. Concello e alfombristas xa mantiveron unha primeira reunión de traballo para comezar a perfilar a celebración da edición deste 2022, “no que se recuperarán as mostras florais ao 100% e o ambiente tradicional dunha festa con 165 anos de historia ininterrompida ata a chegada do COVID”, salienta a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.


Tras unha celebración virtual e desde os balcóns das casas no 2020 e un festexo contido o ano pasado con pequenas mostras que ocupaban menos do 40% da súa extensión habitual, o 18 de xuño deste ano as rúas ponteareás volverán encherse do arrecendo e da cor das alfombras florais.


Tamén volve á normalidade a colaboración con delegacións convidadas e xa se iniciaron os contactos coa da localidade turolense de Aguaviva e coa asociación arxentina Infiorata, que tiñan prevista a súa participación na edición do 2020, así como coas asociacións de alfombristas da Orotava e Monçao para manter o intercambio habitual con estas localidades.


Por outra banda, xa está en marcha a elaboración do cartel desta nova edición da festa, declarada de Interese Turístico Internacional. Ademais, Concello e alfombristas traballan tamén en buscar fórmulas para incentivar a choiva de pétalos, un dos momentos máis emotivos e peculiares do Corpus ponteareán. “Queremos recuperar a festividade das semanas previas, cos portais cheos de veciños e veciñas esfollando as flores e preparando para facer estas verdadeiras obras de arte efémero; a ilusión de traballar toda a noite para plasmar eses debuxos que sempre nos sorprenden e, por suposto, o arrecendo das nosas alfombras o propio día de Corpus”, explica a concelleira de Turismo, Eva Gil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.