Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 22 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP solicita poñer xa en marcha a unidade de saúde mental en Ponteareas

Consideran que esta unidade, xa confirmada pola Consellería de Sanidade, non pode esperar ao novo Centro de Saúde

O Grupo Municipal do PP lamenta "a pasividade do bipartito en materia de Sanidade que se limita a facer convocatorias de concentracións mentres a Consellería segue esperando pola resposta do Concello de proposta de terreos para o novo centro de saúde".

 

Neste sentido, os populares decidiron non esperar máis, e solicitar á Consellería de Sanidade que poña en marcha uno dos servizos que están contemplados nese novo centro de saúde xa que os populares consideran que por interese partidista, do bipartito, están a atrasar a posta ao dispor dos terreos para seguir confrontando coa Xunta.  

 

 

 

 

Os populares ofreceron varias posibles localizacións ao Xerente da área Sanitaria de Vigo que xa deu a súa visto e prace para estudalas e avanzar coa posta en marcha do servizo

 

 

 

 

“A unidade de Saúde Mental para Ponteareas e a súa comarca xa foi aprobada hai meses pola Xunta, desde o noso grupo solicitamos que ante o repunte de persoas con trastornos mentais e suicidios na Comarca é necesario poñer en marcha este servizo de forma urxente, aínda que sexa nunha localización provisional. Mentres que o BNG e o PSOE están coa pancarta da sanidade, non están a traballar, está a facelo o noso grupo. Esta unidade ía ligada á construción do novo centro de saúde. O bipartito non pon a disposición os terreos para que se consigan estas melloras. Non pairan de dar longas” lamenta a portavoz Belén Villar.  

 

Os populares informan que esta unidade de saúde mental, estará composta por cinco consultas con profesionais: psiquiatras, psicólogos, enfermeiros, un traballador social e un administrativo, etc.  “Ante a pasividade manifesta por parte do Goberno local, deixamos de esperar. Solicitamos ao Xerente da área Sanitaria de Saúde, que busquen unha localización alternativa a esta unidade de saúde mental para poñela en funcionamento xa, aínda que sexa de forma provisional noutro lugar, suxerimos propostas de localizacións posibles e outras alternativas que permitan poñer en funcionamento a unidade canto antes”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.