Sábado, 09 de Mayo de 2026

Actualizada Sábado, 09 de Mayo de 2026 a las 11:13:10 horas

Xornal21.es
Miércoles, 23 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación festexará o “Día do Teatro con Mimo” con dúas funcións para todos os públicos

A cita terá lugar o venres 25 na explanada dianteira do Pazo Provincial coas obras “A gran viaxe”, de Inventi Teatro, e “Ghop!”, de Teatro ó Cubo

A Deputación de Pontevedra volve a poñerse a carón da cultura coa celebración do Día do Teatro, que cada ano se festexa o 27 de marzo. Para conmemorar esta data, apoiar ao colectivo profesional que traballa neste eido e dar visibilidade a un sector que tanto precisa da proximidade do público, a institución provincial celebrará o “Día do Teatro con Mimo”.  A cita terá lugar o venres 25 de marzo con dúas funcións dirixidas ao público familiar que se levarán a cabo na explanada dianteira do Pazo Provincial, onde se colocarán cadeiras para o seu desfrute. Alí poderán verse “A gran viaxe”, de Inventi Teatro, e “Ghop!”, de Teatro ó Cubo. Para gozar destas pezas, que en caso de chuvia se escenificarán no Salón de Plenos, tan só hai que inscribirse enviando un mail a participa.cultura@depo.gal.

 

Así, ás 17.00 horas sairán a escena as e os compoñentes de Inventi Teatro para amosar “A gran viaxe”, unha espectáculo de rúa visual que durará aproximadamente 45 minutos. A peza narra a historia da capitana Centella e o doutor Potasio, que chegan á Terra en busca de Ziscornio, o elemento necesario para salvar o seu planeta. Cando xa parece que o problema está resolto  comezan os problemas e Centella e Potasio non saben se poderán regresar á súa casa.

 

Teatro ó Cubo collerá o relevo ás 19.00 horas con “Ghop!”, un espectáculo participativo e cheo de humor que terá unha duración aproximada de 60 minutos. “Ghop!” levará á Avenida de Montero Ríos unha función coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas e chea de malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.