Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Marzo de 2026 a las 20:05:51 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

O Celta presenta a futura Factoría do Deporte Galego

Esta tarde expuxo ante corporativos e Comunidades de Montes e de Augas de Pereiras os detalles do proxecto co que o Celta crecerá en Mos, creando un espazo referente internacional, denominado Galicia Sports 360, que incluirá Universidade do Deporte e no que o clube prevé investir 70 millóns de euros

Esta tarde celebrouse na Cidade Deportiva Afouteza en Pereiras unha xuntanza entre o RC Celta, Concello e Comunidades de Montes e Augas de Pereiras, na que o clube celeste presentou o proxecto estratéxico e referente internacional: Galicia Sports 360.

 

Na reunión estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto con máis membros da Corporación Municipal, o presidente do Celta, Carlos Mouriño, e representantes da Comunidade de Montes de Pereiras, e Comunidades de Aguas de Pereiras; onde se atopan os terreos dos que xa dispón o clube celeste para desenvolver este novo proxecto.

 

[Img #74948]

 

O proxecto exposto convertirase na Factoría do Deporte Galego, tratándose dun centro integral para a capacitación da industria do deporte, cun centro de tecnificación avanzada para o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a súa aplicación ao mundo do deporte. Un centro que albergará ademais a Universidade do Deporte.

 

Sobre esta gran noticia a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou “a gran transformación en materia de novas dotacións e equipamentos que vai supoñer esta nova infraestrutura deportiva estratéxica e referente internacional”.

 

Así mesmo Arévalo salientou as características deste novo proxecto céltico “que contará cunhas instalacións de 299.000 m2 de superficie e no que o clube fará un investimento de 70 millóns de euros. Ao tempo que creará emprego no municipio con 200 novos postos de traballo”.

 

Deste xeito a Cidade Deportiva Afouteza continuará crecendo con esta Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 que contará con campos de fútbol de herba natural e artificial, instalacións para os equipos de categorías profesionais e para a canteira, instalacións para a práctica doutros deportes, centro de ocio deportivo temático aberto ao conxunto da sociedade e residencia deportiva para a canteira e concentracións do primeiro equipo, así como para os programas de formación intensivos.

 

O programa deseñado contará co proxecto da Universidade do deporte, centros de ciclos formativos de Grado Superior vinculados á medicina e o mundo deportivo e centro de alto rendemento médico. Tamén Centro Tecnolóxico da Innovación no deporte. Centro Demostrador de Tecnoloxía. Club de inversores. E centro de eventos  e conferencias. Finalmente culmínase o proxecto cun Arena de ata 10.000 espectadores.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.