Mos
Mos honra á súa subcampioa de Europa de Campo a Través
A atleta da parroquia de Donelas, Soledad Castro, acadou a medalla de prata a tan só un segundo da gañadora
Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción a Soledad Castro Soliño, que asistiu co seu sobriño Patrik Castro Soliño, na que estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde, José Areal, concelleiro de Deportes e demais membros do goberno local e da Corporación Municipal do Concello de Mos.
A mosense da parroquia de Dornelas, a atleta Medalla do Concello de Mos e cun pavillón deportivo municipal na súa honra (o de Pena de Francia que leva o seu nome), Soledad Castro Soliño, “demostrou unha vez máis que é un verdadeiro exemplo de muller loitadora e incombustible, cun afán de autosuperación que moi poucas persoas teñen”, declarou a rexedora local, Nidia Arévalo, quen destacou ademáis que “desde o Concello de Mos celebramos de corazón e con orgullo mosense a prata que acadou nos Campionatos de Europa Master de Campo a Través disputados na localidade portuguesa de Braga”.
Soledad Castro Soliño, medalla de prata no Europeo de Cross en Categoría W55, fixo un tempo de 28:02.
No Europeo de Campo a Través W55 logrou o 2º posto na categoría Master de maiores de 55, a tan só 1 segundo da gañadora: a británica Susana Ridley. Nesta competición, que se disputou en Braga o domingo 20 de febreiro, España logrou o ouro por equipos, con Castro formando parte do equipo español.
Sole segue en activo con 25 Nacionais de Cross no seu haber representando a Galicia. Competiu no seu primeiro Nacional de Cross o 10 de marzo de 1985 en Fene e disputou o último o pasado 30 de xaneiro en Jaén. Corre co equipo Comesaña Sporting Club.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171