Sábado, 09 de Mayo de 2026

Actualizada Sábado, 09 de Mayo de 2026 a las 11:13:10 horas

Xornal21.es
Jueves, 24 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta opta ao Premio Natura 2000 co proxecto transfronteirizo Miño-Minho

A actuación foi creada para mellorar o estado de conservación dos hábitats fluviais e das principais especies migratorias de peixes e abrangue cinco espazos Red Natura, dous deles en Galicia

A Xunta opta ao Premio Natura 2000, convocado pola Comisión Europea, co proxecto transfronteirizo Migra Miño-Minho, creado para mellorar o estado de conservación dos hábitats fluviais e das principais especies migratorias de peixes.

 

Trátase da única iniciativa de cooperación entre España e Portugal que conseguiu ser finalista na sexta edición dos galardóns, aos que concorreron un total de 40 proxectos presentados polos países membros da Unión Europea.

 

Co Premio Natura 2000 quérese recoñecer os esforzos realizados polos países europeos para protexer e restaurar os ecosistemas naturais mediante accións de conservación e sensibilización dos hábitats e das especies.

 

 

 

 

Trátase da única iniciativa de cooperación entre España-Portugal candidata á sexta edición deste galardón, que se fallará no mes de maio en Bruxelas

 

 

 

 

 

No caso do Migra Miño, un proxecto de colaboración entre Galicia e Norte de Portugal, opta ao recoñecemento na categoría de Cooperación Transfronteiriza, ao igual que outras tres iniciativas de Austria, Francia e Alemaña.

 

O proxecto gañador de cada apartado —cinco en total— darase a coñecer o vindeiro mes de maio durante a cerimonia de entrega que se celebrará en Bruxelas. Así mesmo, o público da UE tamén poderá elixir, entre todos os proxectos finalistas, ao gañador do Premio da Cidadanía Europea, a través dunha votación pública que estará aberta ata o vindeiro 27 de abril.

 

Mellora dos hábitats fluviais
O ámbito de intervención do proxecto Migra Miño abrangue cinco espazos Red Natura 2000, dous deles en Galicia —Zona de especial conservación (ZEC) Baixo Miño e ZEC Río Tea—, e tres en Portugal —río Miño, Corno do Bico e estuarios dos ríos Miño e Coura—. As actuacións están centradas no tramo internacional do río Miño, desde o embalse de Frieira, na provincia de Ourense, ata a súa desembocadura.

 

O obxectivo é mellorar o estado de conservación dos hábitats fluviais e das principais especies migratorias de peixes, entre eles, o salmón, a anguía, a troita ou a lamprea; ao mesmo tempo que se pon en valor a pesca tradicional e se contribúe ao desenvolvemento socioeconómico do territorio transfronteirizo.

 

 

 

 

O público da UE tamén pode votar polo gañador do Premio da Cidadanía Europea ata o 27 de abril

 

 

 

 

Desde 2017 liberáronse máis de 100.000 xuvenís de salmón e 300 quilos de anguías no tramo internacional do Miño. Por outra parte, no marco deste proxecto elaborouse un documento que recolle as normas de xestión comúns para a pesca fluvial neste tramo internacional e os seus afluentes.

 

As entidades galegas implicadas neste proxecto son, ademais da Xunta de Galicia, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Universidade de Santiago de Compostela (USC); mentres que polo lado luso participan o Instituto da Conservação da Natureza e das Forestas, a Agência Portuguesa do Ambiente, I.P., o Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental (CIIMAR) e a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que acadar esta distinción suporía un recoñecemento ao traballo conxunto realizado entre Galicia e Portugal na protección da biodiversidade e na conservación da natureza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.