Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Mos
O ‘Comité Antifascista Lourinha’ ataca a bandeira de Ucraína en Mos
Alomenos dous encapuchados atacaron hoxe a bandeira de ucrania ubicada no Concello tal e como pode apreciarse na imaxe que os propios autores subiron as redes sociais
O Concello de Mos denuncia e rexeita os actos vandálicos contra a bandeira de Ucraína instalada na fachada do Concello que foron realizados presuntamente polo movemento ‘Comité Antifascista Lourinha’
Dende o Concello de Mos veñen de manifestar "a nosa máis rotunda condea e repulsa aos actos vandálicos reivindicados e perpetrados presuntamente polo ‘Comité Antifascista Lourinha’ a pasada madrugada, nos que retiran, pintan coa esvástica nazi, e substitúen por outra de apoio á invasión rusa de Ucraína, a pancarta de ‘Mos con Ucraína’ que se atopaba instalada na fachada da Casa Consistorial".
O ataque xa foi denunciado no cuartel da Garda Civil
Uns feitos que dende o Concello calificaron de "vergoñentos e deleznables dos que este colectivo fixo gala, para máis INRI, nas súas redes sociais mediante a publicación e difusión de diversas fotografías e vídeos".
A administración local mosense rexeita e denuncia públicamente estes actos que fan apoloxía da violencia, da guerra, e da vulneración dos dereitos humanos e da autonomía dos estados soberanos; e comunica que xa se interpuxo denuncia formal dos feitos no cuartel da Garda Civil.
Por último sinalan coma "triste acontecemento o desta noite, co que lonxe de apoiar ás inocentes vítimas da guerra e da invasión, téntase criminalizalas polo mero feito de ser cidadáns ucraínos".
Alomenos dous encapuchados atacaron hoxe a bandeira de ucrania ubicada no Concello tal e como pode apreciarse na imaxe que os propios autores subiron as redes sociaisDende o Concello de Mos veñen de manifestar "a nosa máis rotunda condea e repulsa aos actos vandálicos reivindicados e perpetrados presuntamente polo ‘Comité Antifascista Lourinha’ a pasada madrugada, nos que retiran, pintan coa esvástica nazi, e substitúen por outra de apoio á invasión rusa de Ucraína, a pancarta de ‘Mos con Ucraína’ que se atopaba instalada na fachada da Casa Consistorial".
O ataque xa foi denunciado no cuartel da Garda Civil
Uns feitos que dende o Concello calificaron de "vergoñentos e deleznables dos que este colectivo fixo gala, para máis INRI, nas súas redes sociais mediante a publicación e difusión de diversas fotografías e vídeos".
A administración local mosense rexeita e denuncia públicamente estes actos que fan apoloxía da violencia, da guerra, e da vulneración dos dereitos humanos e da autonomía dos estados soberanos; e comunica que xa se interpuxo denuncia formal dos feitos no cuartel da Garda Civil.
Por último sinalan coma "triste acontecemento o desta noite, co que lonxe de apoiar ás inocentes vítimas da guerra e da invasión, téntase criminalizalas polo mero feito de ser cidadáns ucraínos".







































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171