GALICIA
Conde asegura que a industria electrointensiva non pode esperar máis por un prezo eléctrico viable
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, respondeu hoxe varias preguntas dos grupos no Pleno do Parlamento
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reclamou hoxe ao Goberno central que aprobe xa un prezo eléctrico que garanta a viabilidade de Alu Ibérica e do conxunto da industria electrointensiva, que está a sufrir paros na actividade polo alto prezo da enerxía e a falta de subministracións.
En resposta a unha pregunta parlamentaria, Conde criticou que o Goberno está sendo incapaz de poñer freo ás consecuencias dunha transición enerxética abrupta agravada agora pola guerra en Ucraína. E que tampouco está sendo quen de poñer en marcha de forma inmediata un plan de choque que preste especial atención á fiscalidade dos produtos enerxéticos mentres dure a escalada de prezos.
Segundo dixo, o Executivo central segue sen poñer sobre a mesa un marco enerxético competitivo que permita que se poida seguir producindo aluminio primario en España. A industria electrointensiva española, dixo, esta semana paga de media 228,73€/MWh. Isto é: máis do dobre que en Francia e un 18,1% máis que en Alemaña, o que supón xa o 75% do coste total de produción. Ademais, coa aplicación dos seus respectivos marcos enerxéticos, mentres en Francia o prezo final baixa en 26 euros e en Alemaña en 27 euros, en España sobe en máis de dez euros.
Destaca que o Goberno segue sen poñer sobre a mesa un marco enerxético competitivo que permita que se poida seguir producindo aluminio primario en España
O futuro de Alu Ibérica precisa a implicación de todas as partes para converter a fábrica da Coruña nunha planta de aluminio verde na que prime a economía circular, aseverou Conde. Nese sentido, avogou por que o Goberno escoite a petición dos traballadores e do propio Parlamento de Galicia sobre acometer, de ser necesario, unha intervención temporal da fábrica a través da SEPI, ata que se atope un investidor. De feito, a Xunta elaborou da man do persoal da empresa un caderno de vendas que foi entregado ao Goberno e ao administrador concursal.
Automoción
Conde asegurou que a maior preocupación é como facer fronte a uns prezos enerxéticos nunca vistos e como conseguir materias primas que son vitais para a industria e o sector primario. Unha situación que se traslada, tamén, ao sector da automoción, sobre o que foi tamén interpelado.
O vicepresidente económico sinalou que o reto está en que Galicia se consolide como punto de referencia internacional en mobilidade conectada e eléctrica e, para iso, a Xunta seguirá ao lado do sector galego da automoción para que AutoÁncora —que suma un investimento público-privado de 1200M€— consiga o apoio que merece. Agora, a través da Oficina Técnica, a Administración autonómica vai velar por que o Executivo central ofreza un trato xusto a Galicia e non esqueza que a comunidade é líder en España cunha produción do 23,6% en 2021, pois ata o momento a súa postura foi a de apoiar proxectos de fábricas de baterías noutras autonomías, lembrou.
Subliña que, a través da Oficina Técnica, a Xunta vai velar por que o Goberno ofreza un trato xusto a Galicia no Perte de automoción e non esqueza que a comunidade é líder en España cunha produción do 23,6% en 2021
Neste sentido, sobre a negativa do Goberno de incluír na planificación da REE para 2021-2026 a conexión de Vigo á rede de transporte de 220kV, así como a subestación eléctrica de Balaídos, manifestou que as expectativas non son boas porque esta infraestrutura é clave para a competitividade do resto da industria de Vigo, así como para mellorar a calidade do servizo que se ofrece aos fogares desta cidade.
Conde precisou, ademais, que para o futuro do sector será clave que España participe no Plan Europeo de Semiconductores, e non perder esta carreira como fixo o Goberno coa fábrica de baterías.
Naval
En resposta a dúas preguntas sobre a situación de Navantia e Barreras, o vicepresidente económico manifestou que a Xunta celebra que o Goberno, por fin, se comprometa coa execución das fragatas F-110, ante a falta de carga de traballo asignada a Navantia Ferrol nos últimos anos, coas gradas baleiras desde agosto e tendo en conta, ademais, que o impacto no emprego e na industria auxiliar non se notara ata 2023. Nesta liña, lembrou que o Executivo central aínda non se pronunciou con respecto ao Pacto de Estado por Ferrol que se lle propuxo hai preto dun ano no que a Xunta de Galicia leva investidos máis de 80M€ durante o 2021.
Con respecto a Barreras, avogou por unha proposta que inclúa unha oferta viable a longo prazo, ao entender que é a mellor garantía posible para o futuro mantemento do emprego.
Conde tamén saudou a aprobación do Perte para o sector naval, se ben, recoñeceu que aínda se descoñecen as bases da convocatoria e os criterios para a selección dos proxectos, un paso previo necesario para que Galicia poida avanzar na elaboración da súa candidatura público-privada e impulsar os proxectos que permitan a transformación e diversificación dos estaleiros galegos. A maiores, lembrou que a Xunta solicitou ao Goberno que asegure a inclusión do sector da construción naval na liña de incentivos económicos rexionais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11