Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Jueves, 24 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello asumiría as obras para desbloquear a situación de San Antoíño

A Xunta de Voceiros, con representación dos diferentes grupos da Corporación Municipal, reuniuse onte no Concello coa nova directiva e a administradora da Comunidade de Propietarios

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o secretario municipal, Carlos Piñeiro, o xurídico do departamento municipal de Urbanismo, Víctor Rodríguez, a interventora, Sonia Dapena, xunto cos demais voceiros dos grupos da Corporación Municipal, reuníronse no salón de sesións do Concello coa nova directiva encabezada polo presidente, Juan Carlos Recouso, e a administradora da Comunidade de Propietarios da Urbanización de San Antoíño, na parroquia de Louredo, para tratar sobre o procedemento de execución subsidiaria e recepción das obras de urbanización.


A Comunidade de Propietarios manifestou a imposibilidade de xestionar a execución das obras de urbanización necesarias para a recepción expresa. Ante o que o Concello aceptaría executar subsidiariamente as obras de urbanización necesarias para a subsanación das deficiencias existentes. Por parte da administración local mosense xa se remitiu a proposta para a devandita execución subsidiaria á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, detallando como asumiría o Concello as obras. Unha vez validada pola Xunta esta proposta, presentaráselles aos veciños de San Antoíño para a súa aprobación.


Na xuntanza celebrada onte explicáronse todos os pasos a seguir para a consecución do procedemento. Por parte do Concello asumiríase a elaboración do proxecto de urbanización e a súa aprobación, tendo en conta o recollido nos proxectos de urbanización inicialmente aprobados. Que irá seguida da redacción e sinatura dun convenio de colaboración que concrete as fases da execución das obras de urbanización, determinando os gastos e a forma de financiación.


Por último, procederíase á licitación das obras de urbanización e posterior inicio da execución segundo ás fases conveniadas e ingresadas as porcentaxes fixadas das liquidacións. Para culminar o procedemento coa recepción das obras licitadas e da urbanización de San Antoíño, e xestión por parte do Concello das melloras na urbanización xa recepcionada.


Tras a sentenza favorable ao Concello de Mos (aínda non definitiva xa que cabe recurso), que establece que hon hai recepción tácita da urbanización, e a vontade de consenso por parte da nova directiva da Comunidade de Propietarios, o pasado mes de xaneiro retomáronse as xestións e o traballo conxunto de cara á recepción da Urbanización por parte do Concello.


A principal prioridade de ambas partes, Concello e propietarios, é a conexión da urbanización á rede xeral de saneamento do Consorcio de Augas do Louro. Unha obra cun orzamento total de 150.000 euros cuxa execución será asumida entre o Consorcio e os propios veciños, subsanando así unha problemática de fai moitos anos.
Desde xeito, goberno local e Corporación Municipal agradecen a vontade da nova directiva de traballar conxunta e consensuadamente co Concello e trazar as liñas para solucionar a situación da Urbanización de San Antoíño. O proxecto das necesidades a executar na Urbanización de San Antoíño inclúe aspectos como a mellora de beirarrúas, entre outras, e a avaliación dos custes das mesmas. Por parte dos representantes municipais, Arévalo e Augusto, expresouse novamente a “man tendida do Concello coa Comunidade de Propietarios”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.