Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 27 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP inicia unha rolda de reunións para explicar o documento do PXOM

Os populares explicarán como queda ordenado o territorio diante do aluvión de queixas e preguntas que están a realizar os veciños que non saben como quedaron as súas parcelas ao non ter oportunidade de comprobalo porque o bipartito non fixo exposición pública

O Grupo Municipal do PP, #ante o aluvión de preguntas urbanísticas que estaba a recibir por parte de veciños, decidiu iniciar unha rolda de reunións a todas as parroquias e zonas de Ponteareas para explicar o documento do PXOM, aprobado definitivamente por PSOE e BNG, e que está a provocar xa os primeiros malestares, sobre todo no rural.

 

“Atopámonos con xente que non sabe que a súa parcela xa non é edificable. Persoas que lles pasa un vial por encima das súas propiedades que tamén descoñecían estes cambios. Esta é a consecuencia de facer un documento sen consenso, sen publicidade e sen contar coas emendas presentadas polos demais grupos políticos, como xa é habitual”, explica a voceira popular Belén Villar.

 

 

 

 

Explicamos a edificabilidade, as zonas industriais, as de residencia, as zonas verdes. Facemos un repaso por cada  parroquia coas súas particularidades e explicamos os cambios máis significativos, na maioría a redución de construción de vivendas unifamiliares

 

 

 

 

A primeira reunión produciuse na parroquia de Areas, á que acudiron decenas de persoas interesadas en coñecer estes cambios que xa son irreversibles e que só se poden alegar mediante a vía xudicial. Estamos a falar de parcelas que eran edificables no centro da parroquia e agora son rústicas, ou de naves na N-120 que na aprobacion inicial estaban en mini- polígonos industriais e que agora desapareceron e quedan en rústico, co prexuízo que iso supón para eses negocios e os seus propietarios.

 

As próximas reunións continuarán polo rural e ao finalizar todas as parroquias iniciarase outra rolda de reunións en diferentes partes do pobo de Ponteareas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.