MOS
Mos inaugura as “I Xornadas de Intervención e tratamento da violencia contra as mulleres”
A Secretaria Xeral da Igualdade asistiu a esta primeira xornada inaugural dun programa de conferencias, mesas redondas e sesións prácticas, que se prolongará ata o 1 de abril
A secretaria xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, asistiu esta tarde no Pazo de Mos á xornada inaugural das “I Xornadas de Intervención e tratamento contra a violencia” que a concellería de Política Social e Igualdade e o CIM de Mos organizan dentro da programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, que se prolonga durante todo este mes de marzo.
López Abella estivo acompañanada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro.
As Xornadas de intervención contra a violencia de xénero celébranse durante as tardes dos días 24, 25, e 31 de marzo e 1 de abril.
Son impartidas por técnicos (xuízas, mestras, psicólogas, avogadas… entre elas Marina Marroquí, que é escritora e Educadora Social) e, entre outras, Concepción Cendón, psicóloga forense, Asunción Lois, avogada responsable da quenda de oficio de vítimas de violencia do Colexio de Avogados de Vigo, etc.
As “Xornadas de intervención interdisciplinar e tratamento da violencia contra as mulleres”, celébranse en horario de 16.00 horas a 19.00 horas.
Estas Xornadas son de suma importancia para dotar de recursos formativos ao personal municipal e implementar a perspectiva de xénero en todos ámbitos da vida municipal, así como implicar a todos e todas na loita contra esta lacra social.
Con estas Xornadas de carácter multidisciplinar quérense adoitar medidas en todos os ámbitos que interveñen nun caso de violencia machista, potenciar e consolidar servizos e programas para proporcionar unha coordinación integral de todos os departamentos municipais e dar unha resposta eficaz, rápida e homoxénea na intervención coas vítimas dos malos tratos.
A importancia destas intervencións, impón establecer un protocolo de actuación como unha ferramenta imprescindible, que permita coordinar o traballo que se realiza no ámbito da intervención na violencia contra as mulleres e compartir unha mesma metodoloxía os diferentes recursos humanos e axentes do municipio. Estes protocolos permiten definir as competencias e funcións dos diferentes recursos e establecer sistemas de comunicación estables entre os profesionais que interveñen neste ámbito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171