PROVINCIA
O PP reclama á Deputación un plan para axudar aos concellos a afrontar o incremento dos prezos
Sinalan que, de media, o gasto dos concellos está aumentando entre o 40 e o 50%, “unha situación límite que pode repercutir no funcionamento ou prestación de servizos municipais básicos”
O Partido Popular presentará unha moción na Deputación de Pontevedra e nos concellos da provincia para reclamar ao Goberno provincial un plan económico específico para que os pequenos e medianos concellos poidan facer fronte aos gastos imprevistos ocasionados polo incremento desmesurado do prezo da luz, do gas, do combustible ou dos subministros.
Así, o deputado provincial Miguel Domínguez explica que no pleno provincial de mañá venres reclamarán á Deputación “que asuma as súas competencias propias en materia de colaboración económica cos pequenos e medianos concellos da provincia, e que teña unha implicación directa para sufragar este incremento do gasto corrente que, a día de hoxe, está aumentando entre o 40 e o 50% para que, deste xeito, os concellos poidan destinar os seus recursos a seguir atendendo as súas competencias municipais e de primeira necesidade para a cidadanía”.
Miguel Domínguez: “Os concellos non temos capacidade nin posibilidade de poder sacar cartos doutras partidas para poder facer fronte a estes imprevistos. Son servizos de competencia municipal, e suporía recortar, reducir, retroceder ou incluso deixar de prestar algún deles”
Os populares chaman así a atención sobre “o principal problema que agora tamén recae sobre os concellos, unha situación límite para os concellos, que pode repercutir no funcionamento ou prestación dos servizos municipais”. Subliñan que “os concellos están practicamente ao límite, teñen dificultade para poder afrontar todas estas subidas. Os concellos non teñen capacidade nin posibilidade de poder sacar cartos doutra parte para poder facer fronte a estes imprevistos. Son servizos de competencia municipal, e suporía recortar, reducir, retroceder ou incluso deixar de prestar algún destes servizos que son fundamentais. É un problema compartido a todos os concellos e por iso non podemos deixar que avance, porque nos deixa nunha situación de desequilibrio económico moi importante”.
Refírese, ao alumeado público, o mantemento das instalacións municipais, pavillóns, centros sociais, mantemento das depuradoras, centros sociais e culturais, a recollida de lixo, as reparacións das brigadas, melloras dos camiños.... son servizos directos afectados por este incremento dos prezos, pero hai outros moitos, fundamentais, que tamén corren perigo. “Servizos básicos de apoio ás persoas, porque non podemos esquecer que se multiplican tamén as axudas de emerxencia social de familias en situación de vulnerabilidade, que son incapaces de asumir estes gastos, ou familias que aínda están padecendo as consecuencias económicas provocadas pola crise sanitaria e que precisan axudas para pagar a vivenda ou alimentos, cuxo custe se está incrementando aproximadamente nun 22%”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78