MOS
A técnica de Política Social e Sanidade visita O Rebullón para definir que parte do proxecto asumirá
A secretaria xeral técnica de Política Social, Mª Francisca Gómez, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, estivo onte nas instalacións do que fóra hospital psiquiátrico
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse onte no edificio do antigo Hospital Psiquiátrico do Rebullón coa secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez Santos, para concretar detalles da nova infraestrutura sociosanitaria que alí se ubicará.
A xuntanza consistiu nunha visita técnica á que asistiron técnicos das Consellerías tanto de Sanidade como de Política Social, co obxectivo de definir in situ as partes do proxecto sociosanitario que serán xestionadas polo SERGAS e cales por Política Social.
Cada consellería está xa traballando polo tanto na súa respectiva parte do proxecto. Unha importante aposta das administracións local e autonómica para a prestación dos mellores servizos sanitarios e sociais para a cidadanía.
O antigo hospital do Rebullón ten xa o seu futuro e continuidade en activo asegurados. Un futuro que será posible grazas á transformación destas instalacións nun gran complexo con servizos sanitarios e sociais.
Trátase dun gran proxecto de futuro para Mos e sobre el a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, recalcou o “arduo traballo de estudo previo” no que se basea esta iniciativa e indicou que “dará servizos sanitarios e sociais a milleiros de persoas. Unha iniciativa altamente beneficiosa para a comunidade local e tamén para a comarca e para o sur da provincia de Pontevedra”.
Este gran complexo no Rebullón é unha das grandes apostas da alcaldesa de Mos para a presente lexislatura. Incluído no apartado social do seu programa electoral, solicitoulle actuar neste espazo á administración autonómica tocando ao final da pasada lexislatura, e a idea comeza a materializarse xa, tras tempo de traballo técnico previo, necesario para un proxecto destas características e envergadura.
É un proxecto a tres bandas entre Concello e Consellerías de Política Social e Sanidade. Un macroproxecto sociosanitario pioneiro en España que será referente en Mos e comarca, no que se fará a maior inversión en décadas.
Concluía a rexedora local expresando que “comenza a conta atrás para o novo Rebullón. Transformarémolo nun centro sociosanitario de referencia no país. Por fin o macroproxecto está iniciado tras pechar os acordos que estiveron precedidos de meses de arduo traballo”. “É outro soño que se fará realidade para Mos. Este será un logro histórico, recuperar este edificio emblemático na provincia para dar servizos tan necesarios e demandados en Mos e comarca”, finalizou Arévalo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171