Domingo, 10 de Mayo de 2026

Actualizada Sábado, 09 de Mayo de 2026 a las 11:13:10 horas

Xornal21.es
Domingo, 27 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda iniciar a vixilancia do mildio nas viñas

O centro dependente da Deputación apunta que coa situación actual de desenvolvemento das plantas aínda non son necesarios os tratamentos

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un aviso fitosanitario no que recomenda ás persoas viticultoras iniciar a vixilancia do mildio, aínda que subliña que co actual estado de desenvolvemento das plantas aínda non é necesario empezar con tratamentos.

 

Persoal técnico da EFA  constatou a recente maduración da oospora ou ovo de inverno do mildio. Porén, o desenvolvemento da vexetación segundo o observado na propia viña de Areeiro (aínda en saída de follas), e de acordo coas informacións de diferentes persoas das principais zonas vitícolas, aínda non é compatible coas infeccións, e só nun caso dunhas plantas moi protexidas si o sería, pero parece ser unha situación excepcional. Por esta razón, desde Areeiro subliñan que de momento só é preciso iniciar a vixilancia das viñas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.