GALICIA
Bienal de Cartelismo como unha das mellores plataformas para a proxección exterior de Galicia
A Xunta apoia un ano máis esta iniciativa que combina o enoturismo coa arte mostrando unha Galicia aberta, multicultural e cosmopolita
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, referiuse á Bienal Internacional Concurso Francisco Mantecón como unha das mellores plataformas para a proxección exterior de Galicia. “A maridaxe perfecta entre enoturismo e arte, mostrando unha Galicia aberta, multicultural e cosmopolita”, dixo para engadir que supón “unha contribución impagable á promoción da nosa Comunidade e á divulgación do Xacobeo”.
Así o afirmou na presentación da exposición dos carteis participantes que abrirá as súas portas na Estación Marítima desde este sábado e ata o vindeiro 4 de maio, convertendo a cidade de Vigo durante máis dun mes no epicentro do deseño contemporáneo, que na pasada edición visitaron más de 2.000 persoas.
Fernández-Tapias incidiu así na combinación gañadora entre o enoturismo e a arte para que os artistas premiados e finalistas da Bienal opten a ser imaxe das próximas dúas edicións das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, a través dun concurso dotado con 10.000 euros -en dous premios de 5.000 euros- para os orixinais que mellor encaixen neste campaña de promoción autonómica.
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, enxalza o talento e a creatividade dos artistas que participan e o nivel de calidade dos seus carteis
Estas xornadas de portas abertas desenvólvense desde a Xunta en colaboración coas cinco asociacións das rutas dos viños galegas e reúnen a numerosos interesados no mundo do viño que desfrutan de visitas e todo tipo de actividades lúdicas vinculadas á viticultura co obxectivo de fomentar o turismo das zonas das cinco denominacións de orixe protexidas (DOP) vitivinícolas de Galicia.
A delegada territorial en Vigo enxalzou o talento e a creatividade dos artistas que participan e o nivel de calidade dos seus carteis, así como a súa implicación para interpretar un produto netamente galego que, xunto a gastronomía, é un dos nosos mellores embaixadores no mundo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218