Mos
Un incendio arrasou cinco naves do Polígono Industrial do Rebullón
A Xunta activou esta mañá o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (PLATERGA) no nivel 1 a causa do incendio no Polígono Industrial de Rebullón, no concello de Mos. A esta hora, o incendio dáse por controlado e afecta a un total de cinco naves, sen que se rexistraran danos persoais.
![[Img #75058]](https://xornal21.com/upload/images/03_2022/8644_rebullon3.jpg)
A activación deste Plan, neste nivel, supón a mobilización de recursos de ámbito local ou supralocal para facer fronte a esta situación de risco e garantir a coordinación entre os organismos mobilizados. Deste xeito, un amplo operativo foi posto en marcha para controlar a extensión dos danos e establecer un perímetro de seguridade.
![[Img #75059]](https://xornal21.com/upload/images/03_2022/7677_rebullon54.jpg)
Ás 04:15 horas, o 112 Galicia recibiu un aviso da Garda Civil alertando dun incendio nunha nave do polígono adicada ao mantemento de maquinaria da madeira. Ademais, comezou a recibir numerosas chamadas de persoas particulares que informaban de ver saír lume dunha nave do mesmo lugar.
![[Img #75060]](https://xornal21.com/upload/images/03_2022/2253_rebullon5.jpg)
Nada máis ter constancia dos feitos, púxose en marcha un amplo dispositivo para facer fronte ás lapas no que interveñen os Bombeiros de Morrazo, O Porriño, Ribadumia e Vigo e os voluntarios de Protección Civil de Mos membros do GES de Mos e Val Miñor.
![[Img #75061]](https://xornal21.com/upload/images/03_2022/431_rebullon-6.jpg)
Tamén, no punto, atópanse os membros do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA, que mobilizou unha cisterna cunha capacidade de 25.000 litros para subministrar auga aos medios desprazados e a Unidade de Drons, dotacións do Servizo Provincial de Incendio, así como, os axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local e as autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.
![[Img #75063]](https://xornal21.com/upload/images/03_2022/3771_rebullon-7.jpg)
Cómpre sinalar que, aínda que, afortunadamente, non hai que lamentar danos persoais, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foron informados, por se nalgún momento fose necesaria a súa intervención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171