Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 27 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

O GALI colabora na extinción do lume de Mos

O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias -Axega- continúa a súa intervención no incendio que se declarou esta madrugada no Polígono Industrial de Rebullón, no concello pontevedrés de Mos. Este suceso, que obrigou a activar o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias Galicia, deuse por controlado, preto das dez desta mañá, polos medios de extinción.

 

De feito, a boa evolución do incidente permitiu retirar dunha forma coordinada varias dotación dos servizos de emerxencias desprazados ata ao lugar. Así pois, no lugar da intervención continúan os profesionais dos parques de bombeiros do Porriño e de Ribadumia e os membros dos GES de Mos.

 

Segundo as últimas informacións recollidas no 112 Galicia, cinco naves arderon na súa totalidade a consecuencia do incendio ,arestora, os servizos de emerxencia realizan un arrefriamento perimetral da zona afectada.

 

Cómpre salientar que o 112 Galicia tivo coñecemento do incendio ás 04:15 horas de hoxe, a través da Garda Civil. Ademais, participaron medios portugueses, mediante o protocolo de colaboración transfronteiriza no caso de emerxencias (ARIEM+).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.