Lunes, 16 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 28 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP asegura que o goberno "segue a deixar centos e centos de facturas sen pagar"

O Grupo Municipal Popular no Concello de Salceda de Caselas, ven de facer púbilcas unhas declaracións respeto do REC e da aprobación inicial do Orzamento para este ano 2022 que se deu no pleno extraordinario para tratar estas duas cuestións. Consideran que non hai nada novo, séguese a mesma liña de actuación e non mudan a maneira de xestionar e executar os recursos públicos dos veciños. Según din, seguen “a deixar centos e centos de facturas sen pagar, non planifican as inversións, gastan sen ter a partida económica para facerlle frente o pago dos traballos, non fan un procedemento de contratación na maioría dos casos, adxudican a “dedo” (según se interpreta do informe de intervención) e pagan facturas sen ter en conta a relación de orde de entrada”.

 

Por todo elo veñen de manifestar que: “a señora Alcaldesa volve a fallar noutro compromiso os salcedenses, xa que non é quen de controlar o seu goberno o cal tendría que liderar. Non decimos que aplique o “outro xeito de gobernar” que nós prometía, que xa sabíamos que era un slogan e engaño, se non de ter un goberno unido e traballando na mesma dirección. Vese claramente como cada parte do goberno vai o seu, sen importarlle o ben común, que é o que deberían estar”.

 

Tamén indicab que “Os dous REC, suman 1.731.000 € de facturas sen pagar no ano 21, 1290 facturas que teñen que esperar a que o bipartito acorde imputalas o exercicio seguinte, polo que seguimos arrastrando impagos dun ano a outro de forma abusiva, sen rigor, sen planificación, gastando o que non se ten, deixando a deber a dúcias de proveedores”.

 

Para os populares “o orzamento de 2022 de 5.460.000€ que se aprobou inicialmente a semana pasada, xa so lle quedan 3.729.000 €, un 31,4% xa o gastaron no ano 21 e que agora hai que pagar no 22 con cargo o deste ano. Un presuposto que ten unha reducción dun 26% na partida de educación, e de un 0% na partida de custe do goberno local, o máis caro da historia de Salceda (aquí tod@s a cobrar do Concello mentres lle pedimos os veciñ@s que paguen máis IBI) e o máis caro de Galicia tendo en conta o orzamento municipal e o número de habitantes”.

 

Din ademais que “os salcedenses seguen a sufrir a política recaudatoria e de suba de impostos do goberno das señoras Tourón e Castiñeira. Pagaremos un 44% máis polo recibo do IBI do ano 2018. Prevén ingresar 440.000€ enriba do xa pagado no seu día polos veciños por esta anualidade da urbana”.

 

“As entidades veciñais, centros culturais, tecido asociativo e deportivo, así como as do eido social, teñen neste orzamento 22 as mesmas cantidades en subvencións que tiveron nos últimos doce anos. E curioso ver e leer como se lles enche a boca de bonitas palabras, xestos e propaganda dende o goberno hacia o noso Entroido, e logo ver como seguen a ter a mesma aportación económica nos orzamentos ano tras ano” sinalan dende o PP.

 

“No capítulo de inversión, non existe para o ano 22 con fondos propios. Non destinan nada a unha nova obra maís alá da de todos os anos do Plan Marco da Xunta de Galicia. Unha triste realidade que logo se verá en obras a dedo, sen licitación correspondente e deixandoas sen pagar para logo trasladalas os REC do ano 2023” explican.

 

Por último explican que “votamos en falta un Plan de inversión claro, onde o saneamento, limpeza e conservación, melloras das instalación deportivas e viarias…sexan prioritarias, concisas e prioritarias. É moi preocupante ver como o PXOM non é un asunto que lle preocupe nin lles ocupe o o bipartito. Así un pobo non pode avanzar e xerar oportunidades para os seus veciños”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.