Galicia
BNG chama o Goberno español a rectificar a posición sobre o Sáhara
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, chama o Goberno a rectificar a decisión anunciada por Pedro Sánchez sobre o Sáhara Occidental e a respectar a legalidade internacional, así como dar cumprimento ás resolucións da ONU. Apunta que o Bloque Nacionalista Galego mantén o seu posicionamento a favor do dereito de autodeterminación do pobo saharauí e anuncia que apoiará as mobilizacións convocadas para esta sexta feira na Galiza, como mostra de solidariedade.
A viraxe do Goberno sobre o conflito do Sáhara Occidental, filtrada polo Reino de Marrocos a sexta feira da pasada semana, provoca o rexeitamento do BNG ante “unha nova traizón do Estado español ao pobo saharauí”. Rego lembra que non é a primeira ocasión en que o Estado español traizoa o pobo saharauí xa que en 1975 en vez de garantir o proceso de independencia e a soberanía do Sáhara Occidental cedeu ás presións marroquinas e facilitou que fose dividido entre Marrocos e Mauritania.
“Chamamos o Goberno a rectificar esta posición imprudente e inxusta e a manterse do lado da legalidade internacional que é o cumprimento das resolucións da ONU para avanzar no proceso de autodeterminación do Sáhara Occidental” reivindica Néstor Rego. Unha legalidade internacional que recolle a realización dun referendo, previsto “desde hai 40 anos”.
A decisión tomada polo Goberno aumenta a situación de tensión nunha rexión en que a provocación de Marrocos en novembro de 2020, levou ao reinicio do enfrontamento bélico entre os exércitos saharauí e marroquí. A xuízo do BNG, isto supón a asunción de parte , e por tanto impide que o estado español poida xogar o papel que lle corresponde no proceso de descolonización como potencia administradora, en base á Carta das Nacións Unidas e aos acordos sobre descolonización do Sáhara.
Aliás, Rego acrecenta que do punto de vista político e económico a viraxe do Goberno español pode abrir a posibilidade dun conflito con Arxelia -principal país fornecedor de gas ao Estado español- nun momento de especiais dificultades económicas. Mais tamén, enfatiza o deputado nacionalista, esta decisión “é totalmente inxusta e inxustificábel que, quen foi a potencia colonial e, a ollos da ONU a potencia administradora do Sáhara, se poña do lado do invasor marroquí apoiando as posicións de Marrocos”
Para o deputado nacionalista, a actuación do executivo estatal, para alén de inxusta é “hipócrita” xa que ao mesmo tempo que defende a necesidade de “enviar armas á Ucraína para defender a soberanía deste País frente ao invasor ruso”, no caso do Sáhara ponse do lado do “invasor marroquí e deixa abandonado o pobo invadido”.
Rego avanza que o BNG seguirá apoiando o dereito do pobo saharauí á autodeterminación, á soberanía e á independencia e, polo tanto, “apoiará as mobilizacións convocadas para esta sexta feira na Galiza en solidariedade co pobo saharauí”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218