Domingo, 10 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 10 de Mayo de 2026 a las 10:07:48 horas

Xornal21.es
Martes, 29 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme imparte esta semana tres novos obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Woocommerce, como mellorar o footer dunha web ou a promoción en Google My Business

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta  semana tres novas accións formativas impartidas online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre Woocommerce e Google My Business e nelas que tamén se darán as claves para mellorar o footer das webs.

 

As actividades comezarán este  martes 29 cun obradoiro titulado “Woocommerce: a solución que buscabas para vender por Internet I”. Nel María Aller, máster en márketing dixital, falará sobre esta sinxela e intuitiva ferramenta que permite montar unha tenda online cun catálogo non moi amplo.

 

O mércores 30 Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá un obradoiro que leva por título “Como mellorar o footer da túa web” no que ensinará a sacar partido a esta sección dun sitio web con consellos para a súa optimización.

 

Os talleres de marzo rematarán o xoves 31 cun obradoiro titulado “Promociona o teu negocio con Google My Business” no que Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona, dará a coñecer esta ferramenta de Google enfocada a negocios locais que buscan unha maior visibilidade. Google My Business está pensada para facilitar o aproveitamento por parte dos pequenos comercios das posibilidades da xeolocalización e das procuras que a súa potencial clientela poida facer no buscador Google.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.