Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 31 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG reclama non recorrer a sentenza dos montes de Atios

En febreiro de 2018, a xuíza do xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 3 do Porriño ditou sentenza sobre o procedemento a instancia da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios contra o Concello do Porriño. Ditaminouse que as parcelas destinadas ás canteiras e industrias están incluídas no monte veciñal Carrascal e Laxedo e son propiedade indubidable dos veciños de Atios. O fallo xudicial recolle a realidade física e histórica do terreo e ratifica o que sempre defendeu o BNG: os montes son veciñais desde tempo inmemorial, porque así os viñan posuíndo e aproveitando para usos forestais, agrarios, gandeiros ou incluso, para extracción de pezas de granito para construción.

 

O Bloque instou no seu momento á Corporación Municipal a non recorrer a sentenza mais a maioría plenaria rexeitou a nosa petición e avalou a interposición dun recurso ante a Audiencia Provincial. O pasado día 15 de marzo a audiencia resolveu este recurso presentado polo Concello desestimándoo e ratificando a sentenza do Xulgado do Porriño. Ante esta nova sentenza, o BNG presenta unha moción para instar ao Goberno local a non interpor un novo recurso sobre o fallo da Audiencia Provincial, que volve a dar a razón á CMVMC de Atios. 

 

Desde o Bloque entendemos que o Concello non debe incorrer en máis gastos nin dilacións innecesarias nun proceso que está a prexudicar ao conxunto da veciñanza do Porriño. Este preito custou ás arcas públicas municipais arredor de 50 mil euros en concepto de minutas incluíndo un informe pericial xudicial solicitado polo letrado do Concello que disparou o custo para o erario municipal. A presentación destes recursos por parte do Concello ademais de constituír un prexuízo económico para a administración local, está a imposibilitar tamén un acordo mediante convenio entre as partes para a distribución das rendas procedentes do aluguer das parcelas destinadas á explotación de canteiras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.