Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 16:25:25 horas

Xornal21.es
Sábado, 02 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O Consello Climático organiza unha Xincana na Guarda o 9 de abril

O inicio da proba será o sábado 9 de Abril ás 11:00 na praza do Concello de A Guarda

A proba consiste na realización dun percorrido polo centro urbano de A Guarda con diferentes paradas para realizar retos e probas cos que os participantes obterán unha puntuación e unha pista para unha proba final.


A participación está recomendada para maiores de 12 anos polos coñecementos e habilidades necesarias para superar as probas. Existen dúas categorías: xeral (grupos de máximo 3 persoas maiores de 12 anos) e familiar (familias de ata 5 membros nos que pode haber menores de 12 anos).


Como mínimo unha persoa de cada equipo participante deberá inscribirse no seguinte formulario e ler as bases de participación da actividade.


Os participantes deben acudir con roupa e calzado cómodos para poder realizar os desprazamentos a pé. Non se permite o uso de patinetes, bicicletas nin ningún outro tipo de vehículos para a realización da proba.


Entregaráselle a cada equipo un mapa cos puntos aos que teñen que acudir para superar as diferentes probas.

Pódense empregar móbiles e outros dispositivos para os desprazamentos. En cada proba, a persoa encargada da explicación e realización da mesma indicará aos participantes as normas para levala a cabo e o material que poden empregar.


A proba ten unha duración máxima de 2horas e 30 minutos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.