GALICIA
Galicia solicita que se modifique a lei estatal para ampliar o concepto de violencia de xénero
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta semana en Madrid na Conferencia Sectorial de Igualdade na que se acordou co consenso de todas as comunidades e, a petición de Galicia, a creación dun grupo de traballo para dar continuidade ao Pacto de Estado
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta semana en Madrid na Conferencia Sectorial de Igualdade na que solicitou que se modifique a Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, para incorporar todos os tipos de violencia contra as mulleres, en liña co que xa recollen o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Convenio de Estambul sobre prevención e loita contra a violencia ás mulleres.
Na actualidade a lei estatal só recoñece como violencia de xénero aquela na que existe ou existiu nalgún momento unha relación afectiva ou de parella entre o agresor e a vítima. Galicia, cuxa lexislación para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero (lei 11/2007, de 27 de xullo) xa incorpora un elenco máis extenso de supostos, considera que casos como o último crime cometido en Galicia, onde unha muller foi presuntamente asasinada por un acosador, deben ser recoñecidos como violencia de xénero pola lexislación estatal, garantindo así unha atención integral a todas as vítimas da violencia contra as mulleres.
López Abella indicou que a loita contra a violencia de xénero é prioritaria para a Xunta e, por iso, incrementou este ano o orzamento nun 22%, ata os case 18 millóns de euros
Para o Goberno galego, o nivel de tolerancia ante os ataques e actos de violencia que sofren as mulleres debe ser cero e non resultan admisibles retrocesos no que se refire á protección dos seus dereitos. A Xunta traballa por unha Galicia inclusiva, igualitaria, respectuosa, xusta e democrática e, por iso, solicitou este cambio normativo.
Galicia sitúase na vangarda da loita contra a violencia e a discriminación da muller en todos os eidos, ao permitir visibilizar novas desigualdades e avanzar para erradicalas. A nova Lei galega de Igualdade, que na actualidade está en tramitación, impulsará, entre outros, a protección das mulleres fronte a ataques sexistas a través de medios tecnolóxicos; promoverá programas municipais para crear espazos urbanos libres de violencia e acoso sexual; ou recoñecerá a discriminación múltiple da muller por discapacidade, etnia, idade, pobreza ou inmigración, entre outros.
É preciso lembrar, ademais, que Galicia foi pioneira en modificar a Lei para incluír a violencia vicaria de pais a fillos como violencia de xénero.
Continuidade ao Pacto de Estado
Doutra banda, na xuntanza celebrada hoxe acordouse por unanimidade e, a petición de Galicia, a creación dun grupo de traballo para dar continuidade ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Galicia na última conferencia sectorial, celebrada o pasado mes de febreiro, amosouse preocupada pola continuidade dos fondos asociados ao Pacto de Estado, xa que remata este ano e o Goberno Central entón non tiña confirmado a súa continuidade. Así, naquela reunión, e, a petición de Galicia, acordouse avanzar na renovación deste Pacto e na xuntanza de hoxe abordouse o inicio dos traballos para a ampliación, mellora e renovación dos acordos e instrumentos orzamentarios e administrativos deste Pacto e a continuidade dos proxectos vinculados.
Para o Goberno galego, o Pacto de Estado contra a violencia de xénero é un instrumento eficaz para coordinar as políticas para loitar contra esta lacra social. É un eixo prioritario para a Administración autonómica galega e, por iso, incrementou este ano o orzamento nun 22% ata os case 18 millóns de euros.
Galicia puxo en marcha o pasado ano dúas novas iniciativas a través do Pacto de Estado: as axudas ás entidades sen ánimo de lucro para impulsar a contratación das vítimas de violencia machista e os apoios á mobilidade xeográfica
Galicia, a través do Pacto do Estado, está a xestionar 40 millóns de euros que se repartiron en cinco anualidades (2018-2022). Para este ano conta con preto de oito millóns de euros para seguir desenvolvendo as medidas previstas. En 2021, a través destes fondos, puxéronse en marcha dúas novas actuacións: o programa para impulsar a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero por entidades sen ánimo de lucro e os incentivos á mobilidade xeográfica para as vítimas. Son dúas iniciativas que se circunscriben no apoio do Goberno da Xunta a que as vítimas acaden unha independencia económica, xa que o considera clave para garantir que as mulleres en situación de violencia de xénero consigan unha maior estabilidade persoal, social e laboral e a porta que lles vai permitir saír do círculo da violencia e lograr esa independencia económica e persoal necesaria para rachar o vínculo co seu agresor e lograr a súa plena recuperación.
Galicia, ademais, é pioneira, no marco do Pacto, no apoio integral a menores que quedaron orfos por mor dos actos de violencia machista, dá cobertura económica e social ás vítimas gravemente feridas, organiza quendas de garda para a atención psicolóxica e social e incorporou traballadores sociais ás sete oficinas de atención ás vítimas en xulgados.
Entre as medidas incluídas no Pacto atópanse tamén accións para a sensibilización e prevención da violencia, a coordinación na resposta institucional ás vítimas -con especial vixilancia para os seus descendentes menores de idade-, configuración de estatísticas ou visibilidade doutras formas de violencia que poden afectar ás mulleres.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218