Domingo, 10 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 10 de Mayo de 2026 a las 10:07:48 horas

Xornal21.es
Viernes, 01 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Os bombeiros de Pontevedra responden á Concelleira de Persoal por chamalos "machirulos"

A Sección Sindical da CNT do Concello de Pontevedra dirixe unha carta á Carme Fouces para responder ás súas declaracións

[Img #75154]A Sección Sindical da CNT do Concello de Pontevedra lanza unha campaña de repulsa polas desafortunadas declaracións públicas de Carme Fouces, Concelleira de Persoal. Ante as reclamacións do Corpo de bombeiros de que se respecten os seus dereitos en materia de conciliación a Concelleira declarou que son uns "machirulos" e incluso afirmou, ante a solicitude do permiso de lactación, que a ver se eles ían a dar a teta.

 

O persoal do Corpo de bombeiros responde nunha carta ao que consideran un grave ataque cara a eles e cara aos esforzos de cara a igualdade efectiva que están impulsándose dende as diferentes administracións. Ademais sinalan o "clasismo" que deixa entrever a Concelleira coas súas palabras, ao considerar demasiado boas as instalacións para unha categoría C2, unha das máis baixas dentro da escala de funcionarios.

 

 

 

 

O Corpo de bombeiros de Pontevedra solicita que se cumpra a lei en materia de conciliación

 

 

 

 

O pasado venres 25 de marzo os traballadores e traballadoras municipais do Concello de Pontevedra recibiron, a través da aplicación empregada para a xestión de expedientes e tamén a través do seu correo corporativo, un documento asinado pola Concelleira de Persoal, a Sr. Carme Fouces Díaz no que culpa aos seus representantes da actual situación de falta de dialogo e de agochar intencións políticas non sindicais.

 

A situación de bloqueo na que se atopan as negociacións no Concello de Pontevedra queda patente cando ningún sindicato quere negociar coa Sra. Fouces por irrespectuosa e pola súa negativa a falar das reivindicacións dos e das traballadoras. Dende a Sección Sindical da CNT solicitan un cambio de actitude que permita desbloquear unha situación insostible, e que a fin de contas prexudica a toda a cidadanía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.