SALCEDA DE CASELAS
O Concello de Salceda incorporou 15 persoas desempregadas ao seu cadro de persoal
O equipo de goberno local deu a benvida ás novas incorporacións de persoal contratadas ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra.
O persoal contratado ocupará postos de traballo para facer fronte a diferentes tarefas en diferentes servizos que presta o concello como os de Medio Ambiente, Recadación, Orientación Laboral, Conserxería, Biblioteca e Mantemento de dependencias municipais.
A tipoloxía de postos de traballo que se ocuparán grazas a estas contratacións serán 6 persoas para os postos de peón de xestión de residuos, 2 persoas para os postos de peón forestal, 2 persoas para os postos de conserxe/bedel, 2 persoas para os postos de auxiliar administrativo, 1 persoa para o posto de condutor/a de camión, 1 persoas para o posto de bibliotecario/a e 1 persoa para o posto de Técnico/a de Orientación Laboral.
As novas incorporacións terán un contrato de seis meses de duración a xornada completa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11