PROVINCIA
A ‘Triple corona Illas Atlánticas’ abre hoxe o prazo de inscrición
A travesía a nado entre as praias de Rodas e Ribeira, na que colabora a Xunta, celebrarase o 10 de setembro
A Triple Corona Illas Atlánticas abre este luns, 4 de abril, ás 10,00 horas, o prazo de inscrición para a primeira proba, que se desenvolverá entre as illas Cíes e Baiona o 10 de setembro deste ano. Esta travesía a nado, na que colabora a Xunta, unirá as praias de Rodas e da Ribeira ao longo de 15 quilómetros.
A inscrición na terceira edición da Triple Corona poderase realizar a través da web Champion Chip Norte, ata completar o cupo de 160 participantes. Entre as novidades desta nova cita dunha das probas de ultrafondo máis duras de España está o uso obrigatorio de boia, así como dun sistema de localización GPS para o coñecemento da posición de cada nadador e o seguimento de cada participante a través de Internet.
A travesía a nado sairá o sábado 10 de setembro desde a praia de Rodas, en Cíes, atravesará as tres illas do arquipélago percorrendo toda a baía de Baiona, e chegará ata a praia da Ribeira, en Baiona, onde estará localizada a meta.
Os deportistas que disputen as tres probas previstas nas Rías Baixas ata 2024 percorrerán un total de 57 quilómetros a nado
A deste ano será a primeira das tres probas que conforman a Triple Corona. As persoas que participen en todas percorrerán un total de 57 quilómetros a nado: tres travesías a nado de 15, 19 e 23 quilómetros de distancia —esta última, unha das máis longas de España—, que se disputarán nas rías de Vigo, Arousa e Pontevedra entre 2022 e 2024. Cada unha delas sairá dunha illa do Parque Nacional: Cíes, Sálvora e Ons, respectivamente.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, salienta que a proba “é un gran reto de carácter competitivo co que se pon en valor a riqueza ambiental e paisaxística das augas das Rías Baixas, así como os tesouros do Parque Nacional”. Engade que este evento deportivo xa está consolidado como “unha das citas máis importantes a nivel nacional e no estranxeiro dentro do calendario de natación de augas abertas”.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda apoia esta proba pola defensa que fai sobre a riqueza natural das Illas Atlánticas de Galicia e pola promoción das Rías Baixas. Paralelamente a cada unha das probas celebraranse distintas actividades como visitas guiadas ao Parque Nacional e un concurso fotográfico para escoller as tres mellores imaxes de cada un dos tres arquipélagos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78