VIGO
Sebastián Yatra, en concerto en Castrelos o 13 de xullo
Abel Caballero deu a coñecer unha nova cita no cartel das festas de verán da cidade. A actuación do artista colombiano enmárcase na xira internacional que realiza para presentar en directo o seu último disco
“Sebastián Yatra elixe Vigo como parte da xira internacional” que está realizando, e subirá ao escenario de Castrelos o vindeiro mércores 13 de xullo.
Con Dharma Tour 2022, Sebastián Yatra está percorrendo escenarios de México, Estados Unidos, Chile, Arxentina ou Colombia, entre outros países, e estará en Vigo e noutras cidades españolas. Vén de actuar na Gala dos Óscar de Hollywood interpretando o tema central da película Encanto.
Sebastián Yatra súmase ao cartel de verán confirmado xa para o auditorio municipal de Castrelos, do que aínda quedan citas por desvelar: Leiva toca o xoves 4 de agosto, Sting o sábado 6 de agosto e Hombres G o domingo 14 de agosto.
“Imos ter os mellores concertos de Castrelos que houbo nunca na historia da cidade”, sinalou o alcalde ao anunciar esta nova cita do cartel de recitais deste verán 2022.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175