DEPORTES
A Volta a Portugal do Futuro abre a súa porta á Selección de Galicia
O combinado Sub23 masculino de estrada recibe unha invitación para participar dende este xoves ao 10 domingo na prestixiosa rolda lusa
Nun dos principais escaparates do ciclismo Sub23 na península ibérica a Selección de Galicia estreará esta semana a temporada 2022. A organización da Volta a Portugal do Futuro incluíu ao combinado da Federación Ciclismo Galego (FCG) na nómina de equipos que dende este xoves e ata o domingo van competir nas estradas lusas. Unha invitación que supón unha gran oportunidade e un recoñecemento para o proxecto posto en marcha co pelotón autonómico.
A Selección de Breogán medirase aos conxuntos do emerxente ciclismo portugués, así como a escuadras punteiras de Italia e España. Este atractivo reto encádrase dentro da planificación deseñada polos técnicos da FCG e que arrancou a mediados de febreiro cunha xornada de adestramento e formación en Caldas de Reis.
O 'sete' que lucirá o uniforme branco e azul de Galicia compóñeno: Iván Días (Lasal Cocinas - Louriña), José Carlos Trillo (Team Oiense), Ramón Fernández (Vigo-Rías Baixas), Andrés Taboada (Vigo-Rías Baixas), Pablo Vázquez (Cidade de Lugo), David Pollán (Cidade de Lugo) e Sergio Lorenzo (Laboral Kutxa). O seleccionador Jacobo Ucha compartirá staff co mecánico Pablo Alfaya, a fisioterapeuta Elena Conde e o delegado federativo David Carrillo.
Catro etapas
A Volta a Portugal do Futuro, que celebrou a súa primeira edición en 1993, ofrece nesta ocasión un percorrido de 546 quilómetros dividido en catro etapas, todas en liña. As dúas primeiras tiradas, Caldas da Rainha-Abrantes (130,9 km) e Lousâ-Águeda (141 km), responden ao perfil de 'rompepernas'. O sábado chegará a xornada raíña cun trazado de 122 km que comeza en Ovar e conclúe no alto de 1ª categoría de Sâo Pedro do Sul, unha ascensión de 9,2 km cun 8,8% de desnivel medio, mentres que para o domingo quedará como colofón o traxecto máis longo desta rolda: Gouveia - Castelo Branco (150 km), cun esixente inicio pola Serra da Estrela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218