GALICIA
Incorpóranse aos seus destinos laborais 850 mozos e mozas sen emprego
Ambos os dous programas enmárcanse no Plan Emprega Xuventude que prevé este ano investimentos por valor de case 52 millóns de euros
Un total de 850 mozas e mozos desempregados estanse a incorporar estes días aos seus destinos laborais, en centros de investigación e en órganos da Administración galega, como beneficiarios dos programas Investigo e Primeira Experiencia nas Administracións Públicas.
A Xunta está a incentivar en 2022 a contratación de persoas mozas menores de 30 anos sen emprego por parte das administracións públicas e de centros e empresas que desenvolvan a súa actividade no campo da investigación, a tecnoloxía e a innovación. Grazas a estas axudas, financiadas con fondos europeos de recuperación, estas persoas obteñen un contrato de doce meses e xornada completa.
En ambos os dous programas, sufráganse os custos laborais e salariais das persoas que incorporen administracións ou entidades. No de primeiro emprego esta contía varía entre os 1.783 euros e os 2.675 euros mensuais segundo a categoría profesional. No caso de Investigo establécese un rango que vai dos 1.867 euros por mes ata os 2.759.
A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca; e a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participaron hoxe no acto de benvida ás 15 persoas que traballarán na Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, na Consellería de Emprego e Igualdade, beneficiarias da iniciativa de Primeira Experiencia nas Administracións Públicas.
Un primeiro grupo de 480 persoas sen emprego comezarán a traballar en universidades, empresas e outros centros de transferencia de coñecemento no marco do programa ‘Investigo’ de fomento do emprego científico xuvenil
Un total de 370 persoas mozas iniciarán a súa andaina laboral en centros de traballo da administración autonómica. A Xunta está a destinar cerca de 11 millóns de euros a este programa, no que priorizou a incorporación a empregos verdes e de competencias dixitais.
Outros 480 mozos e mozas -número que se incrementará porque o proceso de selección aínda está aberto ata o 30 de abril- traballarán en 65 organismos de investigación e difusión de coñecementos (universidades públicas, centros tecnolóxicos, parques científicos, entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro e empresas que invistan en investigación e innovación) que recibirán incentivos de máis de 13 millóns de euros para cubrir os custos laborais no marco do programa Investigo. A Xunta aspira, neste caso, a xerar emprego xuvenil no eido da investigación, da tecnoloxía e da innovación co foco posto nas ocupacións en sanidade, transición ecolóxica e economía verde, servizos de dixitalización e big data e proxectos de investigación no ámbito da cultura, as áreas sociais ou as artes.
Ambos os dous programas forman parte dun plan máis amplo, o Emprega Xuventude, que o Goberno galego está a promover en 2022 con actuacións para o emprego dirixidas especificamente ás persoas máis novas e dotado cun total de 51,8 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186