MUNDO EMPRESA
Galicia cuestiona a nova Lei de emprego do Goberno Central
O texto legal non incorpora unha memoria económica que valore o custe dos servizos nin concreta os mecanismos a través dos que se vai financiar a súa prestación
A conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, cuestionou que a nova Lei de Emprego que está a tramitar o Goberno central careza de mecanismos de financiamento que garantan a efectiva prestación dos servizos que plantexa, polo que, “estamos ante un texto legal que traslada ás comunidades autónomas unha serie de obrigas ante os cidadáns sen contemplar o respaldo económico para levar a cabo ditas prestacións”.
No transcurso da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais celebrada esta semana en Madrid, Lorenzana explicou que a Lei incorpora axeitadamente os criterios da Comisión Europea, que sitúa os servizos de emprego como un dos piares do estado de benestar, á mesma altura que a sanidade, a educación e outras prestacións básicas. Neste sentido, a nova Lei de Emprego establece un catálogo de servizos que tanto o Estado como as comunidades autónomas deben garantir aos cidadáns e ás empresas.
Sen embargo, lamentou a conselleira, “o texto legal non incorpora a imprescindible memoria económica que valore o custe dos servizos nin concreta os mecanismos de financiamento a través dos que se vai garantir a súa prestación”. Para Lorenzana, “é un exercicio de irresponsabilidade establecer obrigas sen garantir os fondos necesarios para prestalas eficazmente, facendo que a Lei e os dereitos que establece sexan papel mollado”.
Para Lorenzana, “é un exercicio de irresponsabilidade establecer obrigas sen garantir os fondos necesarios para prestalas eficazmente”
Proxectos piloto
No punto da orde do día referido aos proxectos piloto que o Goberno financiará ás comunidades con cargo aos fondos estatais procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, a responsable de Emprego e Igualdade da Xunta valorou positivamente que o Ministerio de Traballo abra a todas as CC.AA. o acceso a ditos fondos, que inicialmente tan só tiña activado en Navarra, País Vasco, Valencia e Estremadura.
Así, na Conferencia Sectorial informouse de que no mes de abril abrirase un prazo para que todas as autonomías poidan presentar proxectos piloto de importancia ou interese en ámbitos como o emprendemento, os microcréditos ou os colectivos vulnerables.
A conselleira, non obstante, criticou o tempo perdido ata o de agora. “Hai catro comunidades que xa están levando a cabo os seus proxectos, mentres que o resto aínda nos atopamos na fase de presentación e selección, sen tan sequera coñecer os criterios cos que se vai a actuar por parte do Goberno”, afirmou.
Fondos para políticas activas
No que se refire aos criterios de distribución das partidas para políticas activas de Emprego, Galicia recibirá en 2022 un total de 189,8 millóns de euros procedentes dos fondos finalistas do Estado (un 7,86% do total), e 24,8 millóns dos Fondos MRR (6,4%). A responsable de incidiu na falta de flexibilidade das convocatorias, limitando a capacidade das comunidades autónomas á hora de deseñar programas propios en materia de políticas activas de emprego, adaptados ás necesidades e características de cada territorio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11