Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 09 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Os veciños e veciñas de Arnoso trasladan ao PSOE as melloras do proxecto da N-120

Onte o PSOE acudiu á parroquia de Arnoso para manter un encontro cos veciños e veciñas e así poñer en común o Proxecto de Mellora da Seguridade Vial da estrada N-120. Neste encontro o Secretario Xeral, Delfín Domínguez, explicou que o Partido Socialista se pon a disposición dos veciños e veciñas para recoller todas aquelas melloras que se poden aportar ao Proxecto da N-120.

 

Así mesmo o Secretario Xeral dos socialistas indicou que “ten que ser o goberno de Ponteareas o que canalice as demandas conxuntas das parroquias e presente alegacións ao Proxecto de Mellora da Seguridade Vial, acompañadas dos informes técnicos precisos que as sustenten”, afirmou Delfín Domínguez.

 

O goberno socialista de Pedro Sánchez atendendo á demanda hstórica de Ponteareas, redactou o Proxecto de Mellora da N-120 que ten como obxectivo a reducción dos accidentes mortais nesa estrada que vertebra o municipio. Agora é o momento para poder mellorar este proxecto mediante as alegacións dos veciños e veciñas e dos organismos públicos como o propio Concello de Ponteareas.

 

“É moi importante que tódolos veciños e veciñas coñezan que hai dous prazos para poder alegar: os que teñen algunha propiedade afectada por unha expropiación teñen ata o 20 de abril para poder alegar, mentras que as alegacións ao Proxecto poden presentarse ata o 4 de maio, período ao que se somete a información pública. Non queremos que ninguén se vexa privado do seu dereito a alegar”, afirma Delfín Domínguez.

 

Este proxecto é unha obra fundamental para Ponteareas e queremos que conte co maior consenso posible. O Partido Socialista, unha vez máis,  atende as demandas do noso concello e agora é o momento das aportacións veciñais que contarán con noso apoio, afirma desde o PSOE de Ponteareas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.