PONTEAREAS
O Concello oferta á Xunta unha parcela para o futuro centro de saúde
Alcaldesa e tenentes de alcaldesa reuníronse con persoal técnico da Consellaría de Sanidade e SERGAS para analizar os terreos que compren todas as necesidades
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández; o primeiro tenente de alcaldesa, Roberto Mera; e a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, acompañados do arquitecto municipal do Concello, mantiveron esta semana un encontro en Ponteareas con persoal técnico da Consellaría de Sanidade e do SERGAS, que visitaron a localidade para analizar as posíbeis parcelas nas que situar un futuro centro de saúde. Na reunión, o Concello e os técnicos da Xunta clarificaron as previsións de incremento de profesionais, de servizos e de consultas, determinando así a superficie que debe ter a parcela para atender non só á construción do centro, cuxas dimensións xa se coñecían, senón tamén as necesidades de aparcamento. Neste sentido, a Xunta adiantou que en ningún caso as obras a acometer pola administración autonómica incluirían a creación de aparcadoiro soterrado, o que tamén condicionou a selección de posíbeis parcelas. Ademais da superficie necesaria para o edificio e zona de aparcamento, as dúas administracións coincidiron na necesidade de que o novo centro se atope a carón do casco urbano de maneira que permita o acceso a pé a menos de 15 minutos camiñando á veciñanza da vila e que, ao mesmo tempo, teña unha boa comunicación rodada por estradas principais para facilitar a mobilidade dos servizos de emerxencias e daquelas persoas usuarias que procedentes das parroquias ou doutros concellos precisan desprazarse en vehículo.
Partindo destes parámetros e condicionantes, avaliáronse diferentes parcelas, que ademais foron visitadas in situ, ofertándose finalmente por parte do Concello aquela que, a xuízo da Xunta, é apta para as súas previsións. A parcela ofertada de maneira preferente sitúase ao pé da N-120, entre as saídas da rúa Castañal e Paseo Matutino, que conforme ao planeamento urbanístico ten reservada unha superficie para dotacións e equipamentos públicos e zona verde. Esta parcela, pola súa superficie e situación, atende todas as necesidades construtivas e de estacionamentos en superficie, así como de distancia a pé do centro urbano. Esta proposta ten ademais a virtualidade de que, grazas ao PXOM, a adquisición da parcela non supón gasto económico para o Concello.
O Goberno Municipal do BNG-PSOE agarda a pronta resposta da Xunta a fin de, unha vez confirmada a viabilidade de parcela, realizar con axilidade os trámites para a súa cesión. A alcaldesa considerou positivo que a Xunta teña entre as súas previsións futuras a creación dun novo centro de saúde "e nese obxectivo terá toda a colaboración do Concello coa cesión dos terreos", pero lembrou que a día de hoxe o urxente é dotar de persoal sanitario ao actual Centro de Saúde e ao PAC, que se atopan nunha situación insostíbel.
Nos vindeiros días, convocarase unha reunión cos grupos municipais para explicar os pormenores do encontro de onte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49