GALICIA
A paixón percorre boa parte das Semanas Santas de Galicia
O anuncio que nos anima a apaixonarnos xuntos esta Semana Santa por toda Galicia
Rafael Sexto é funcionario da Xunta de Galicia. E cada mércores santo desfila como “carrexador” do Santísimo Cristo da Misericordia na Irmandade dos Estudantes de Santiago de Compostela. Salvador Peña é técnico de actividades institucionais e protocolo na UDC. Ademais é presidente da Xunta de Confrarías da Coruña. Aínda que xa está prexubilado, Ramón Basanta foi durante toda a súa vida laboral director de banca. Hoxe preside a Xunta de Confrarías e a Confraría do Desencravo e da Maior Dor de Lugo. Begoña Pérez é enfermeira no Hospital Clínico Universitario de Santiago. E cada semana santa porta ao Cristo que presidiu durante décadas a capela do Sanatorio da Esperanza polas rúas de Compostela. María da Paz Arenas, ademais de funcionaria da UDC, é voluntaria de protección civil. E cada venres santo desfila na procesión do Santo Enterro polas rúas do Coruña. Miguel Benlloch é electricista e voluntario de protección civil en Fisterra. E cada domingo de pascua revístese de Apóstolo para representar a resurrección “alí onde termina o mundo”. Paula Insua é traballadora de Alcoa. E cada Semana Santa desfila coa Irmandade de mulleres da Santa Cruz polas rúas de Viveiro. José Antonio Puertas é logopeda na Federación Galega de Xordos. E cada xoves santo acompaña ao Noso Pai Jesús Nazareno e á Nosa Señora da Amargura desde a Praza de San Carlos por todo o casco antigo da cidade vella.
Alejandro González é suboficial da Armada. E durante toda a semana de paixón percorre Galicia coa Agrupación Musical Nosa Señora do Carmen de Ferrol. Tamara Vázquez tamén é músico desa banda. Aínda que cada día traballa na atención a maiores na residencia DomusVi da cidade departamental. Iván Pereira é cociñeiro no Hostal dos Reis Católicos de Santiago. Pero cada Semana Santa desfila na Irmandade do Prendimiento de Viveiro e interpreta sones da paixón en Compostela e A Mariña coa Banda da nosa Señora da Misericordia. Alicia Alonso é profesora de infantil no colexio das Jesuitinas da Coruña. E cada sábado santo participa co seu hábito da Confraría de Soidade e o Santo Enterro na procesión de “Os Caladiños” que parte de Orde Terceria. Arturo Reboyras é xornalista. Pero cada venres santo percorre as rúas de Padrón co seu hábito da Confraría do Santo Enterro. Todas e todos eles son confrades e viven dunha maneira singular a Paixón.
Durante estes dous anos de pandemia, as súas vocacións profesionais fixéronlles ser testemuñas doutra paixón: a que ninguén querería, pero nos tocou a todos. Por iso, en 2022, volverán vestir as súas túnicas e hábitos dunha maneira moi diferente. Que mellor exemplo para revivir a Paixón nas nosas rúas que poñer cara a todos esos rostros que tantas veces vemos e que, baixo o anonimato dun capirote, tan poucas veces recoñecemos? Que mellor maneira de comprender a súa oración que desvelar a súa vocación? Porque a paixón é iso que nos enardece, nos move, nos proactiva, nos transforma e nos fai mellores.
Son nazarenas e nazarenos. Son persoas, como ti e como eu. Pero son confrades. E esa forma de entender a vida failles dedicarse aos demais dunha maneira especial. Recordémolo cada vez que lles vexamos vestidos de Paixón polas nosas rúas. Porque detrás de todos e cada un deses capirotes hai tanta paixón…
Sinopse do Anuncio
A Paixón de Cristo ten un rostro: quedou gravado no sudario de Turín. Pero son moitos os rostros da Paixón na nosa sociedade. O rostro de quen se atopa desamparado e o de quen lle atende; o rostro de quen sente indefenso e de quen o protexe; o rostro de quen sente desatendido e o de quen lle atende; o rostro desencaixado de quen ten dor e de quen lle alivia; o rostro de quen se enfronta ao perigo e o de quen pon a súa vida en perigo para socorrerlle; o rostro de quen sofre de soidade e o de quen lle acompaña; o rostro de quen ten fame e sede e o de quen lle dá para comer e beber; o rostro do neno que non ten escola e o do seu mestra.... Todos eses rostros fixéronse máis visibles coa pandemia.
O ano pasado, o cartel de Ferrol, aplaudiulle. Este ano, o anuncio das Semanas Santas de Galicia, recíbelles de novo nas súas casas. Porque moitos dos que sufriron e dos que aliviaron o seu sufrimento son confrades. Por iso, a pesar do seu anonimato, este ano ben merecen unha homenaxe polos seus dous anos de Estación de Penitencia.
Vivir a Semana Santa é comprender a súa Paixón e acompañarlles. Porque ser confrade é moito máis que poñerse un capirote. É padecer con e polos teus irmáns. Ese é o verdadeiro rostro da Paixón; o que está aí, pero ninguén ve. O que asoma por eses balcóns subrilados dun capirote. Vés descubrilo con nós?

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186