DEPORTES
Lete define a Sasha Malov como “unha das xoias do deporte galego”
O rapaz do Oroso TM vén de acadar a medalla de ouro no torneo WTT Youth Contender de Túnez
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu a semana pasada ao deportista de tenis de mesa galego benxamín -sub11- Sasha Malov que vén de acadar o top 5 mundial da Federación Internacional de Tenis de Mesa (ITTF) tras a súa brillante actuación no torneo WTT Youth Contender de Túnez, onde apañou a medalla de ouro. Lete Lasa asegurou que o rapaz representa “unha das xoias do deporte galego e o futuro do tenis de mesa nacional”.
O mandatario galego lembrou a importancia dos “bos hábitos que os máis maiores transmitimos aos máis pequenos e sinalou o caso de Sasha, xa que os seus pais, tanto Valeri Malov coma Nuria Castro, foron xogadores de tenis de mesa e agora adestran ao seu fillo con notables resultados”. Neste sentido, tamén gabou o papel do seu club o Oroso TM.
Lete Lasa asegurou que a Xunta de Galicia apoiará a carreira do galego afincado en Oroso e na vindeira comisión para o deporte galego de alto nivel, no mes de xuño, o rapaz será recoñecido como deportista de rendemento base, unha categoría creada ao abeiro do novo decreto DGAN que xa conta con preto de 60 beneficiados. De entre todos eles, Sasha Malov, que vén de cumprir dez anos no pasado mes de marzo, será o máis novo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218