GALICIA
A Xunta constata a senda recuperación do emprego en Galicia desde os inicios da pandemia
A directora xeral Formación e Colocación, Zeltia Lado, expuxo hoxe na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia a situación positiva coa que Galicia, “lonxe de triunfalismos ocos”, está a recuperar emprego fronte aos peores momentos da crise sanitaria
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, expuxo ante a Comisión 3ª do Parlamento de Galicia, algúns indicadores que “lonxe de triunfalismos ocos” están a evidenciar que a comunidade se atopa na “senda de recuperación do emprego” tras os peores momentos da covid.
Con alusión aos últimos datos EPA difundidos -4º trimestre de 2021- a directora xeral constatou que a Galicia presenta o “mellor escenario posible na súa evolución anual, polo incremento da poboación activa, xunto cun aumento da ocupación e un descenso do paro”. Tamén incidiu nas lecturas do paro rexistrado o pasado mes de marzo que reflicte que a recuperación económica está a ser efectiva ao baixar o paro e aumentar as afiliacións na evolución mensual e anual “pese ao contexto de incerteza e inseguridade” xerado pola guerra, a suba enerxética e a folga de transporte.
Lado puxo en valor cifras da EPA como que a finais de 2021 Galicia contaba con 10.400 persoas empregadas máis que un ano atrás, ou que a taxa de emprego aumentou ata o 46,62, con 1.091.300 persoas ocupadas ao peche de ano.
“Como consecuencia desta situación positiva, o número de activos medrou nun ano en 2.900 persoas, o que supón que a cifra de poboación activa situouse en 1.226.400 persoas, aumentando a taxa de actividade ata o 52,39”, destacou Lado.
A última EPA a peche de 2021 constatou a resiliencia do mercado laboral galego, que xa supera o número de persoas ocupadas respecto do 2º trimestre de 2020 e situou as altas de afiliacións por enriba de niveis prepandemia
Con estas cifras, a representante de Formación e Colocación subliñou que se pode falar de que “a resiliencia do mercado laboral galego tralos peores momentos da covid é un feito evidente”. Así, os 32.600 ocupados que perdeu Galicia no período de máis incidencia da pandemia “xa se recuperaron e mesmo se superaron ata chegar aos actuais 40.900”, ao igual que as afiliacións que “superan amplamente” os indicadores prepandemia.
Calidade no emprego
Esta situación viu acompañada dunha “importante mellora na calidade do emprego xerado”, dixo Lado. Os contratos indefinidos incrementáronse un 2,25% ao peche de 2021 con respecto ao de 2019, unha alza que se reflectiu, segundo destacou, no colectivo das mulleres nas que o 73,4% das asalariadas contan con esta estabilidade.
Lado puxo en valor que todos estes indicadores positivos son previos á reforma laboral que entrou en vigor o 31 de decembro de 2021 aínda que as normas que afectan á contratación entraron en vigor “hai escasamente unha semana”. “Nos meses previos á entrada en vigor da reforma laboral, os contratos indefinidos en Galicia xa foron en aumento”, indicou Lado, quen destacou de xeito especial o comportamento do pasado novembro con cerca de 12.000 contratacións acadadas. “A pesares de que a reforma pode ter un efecto tractor na contratación, parece demasiado precipitado facer a valoración 7 días despois da súa plena aplicación”, engadiu.
A directora xeral, por outra banda, especificou que no ano 2021 a Xunta mobilizou case o 80% do gasto comprometido en políticas activas de emprego e puxo en marcha dous plans de rescate -cos que adiantou en 4 meses á actuación do Estado- aos que destinou 182 millóns de euros para atender a un total de 80.000 solicitudes recibidas de autónomos e empresas de sectores máis afectados pola crise sanitaria.
“O emprego sempre foi unha prioridade para a Xunta, que ven artellando medidas urxentes de apoio ao tecido produtivo e ás persoas traballadoras e máis agora neste contexto de incerteza, inestabilidade e inseguridade que se agrava cun Goberno central que non é capaz de facer fronte a esta situación”, rematou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186