Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 08:53:24 horas

Xornal21.es
Sábado, 09 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Novas achegas do Plan concellos para outros 6 municipios da provincia

As actuacións financiadas pola Deputación chegarán aos concellos de Vilagarcía, Marín, Gondomar, Baiona, Oia e A Estrada

A Deputación de Pontevedra continúa a transformar a provincia coa aprobación de novos recursos para seis municipios da man das liñas 1 e 2 do Plan Concellos. Así, a Xunta de Goberno deu esta semana luz verde a 1.610.064 euros cos que se realizarán melloras en rúas e camiños de titularidade municipal, financiarase unha festa histórica ou construirase un skatepark nos concellos da Estrada, Vilagarcía, Marín, Gondomar, Baiona e Oia.

 

No marco da liña 1 de Investimentos foron aprobados recursos para Vilagarcía de Arousa, que contará con dúas achegas que suman 259.426 euros. Cunha delas, de 15.000 euros, levarse a cabo a segunda fase da mellora nas rúas de Doutor Tourón, Marxión e Urbanización O Piñeiriño e a outra, de 109.426 euros, empregarase para a construción do novo skatepark.

 

As achegas da liña 1 tamén chegarán ao sur da provincia con fondos para Gondomar, que contará con 76.708 euros para a mellora da pavimentación e rede de pluviais no entorno de Hervillas e Vincios, Baiona, 309.787 euros para a adecuación urbana e mellora de redes de servizos na rúa Carabela a Pinta, Oia, 77.963 euros para a mellora de camiños municipais e A Estrada, que contará con 814.084 euros para a sinalización direccional no rural.

 

Ademais, no marco da liña 2 foi aprobada unha achega de 72.096 euros para que Marín financie a Festa Corsaria 2022. Os municipios da provincia poden empregar esta liña do Plan Concellos, entre outras cuestións, para o gasto corrente na prestación de servizos municipais como os actos culturais ou deportivos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.