Domingo, 29 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Sábado, 09 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos inviste máis de 700.000 euros en mellorar os camiños rurais

Serán 18 asfaltados en todas as parroquias, preto de 9 quilómetros

O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local.

 

O Plan que se executará durante o presente ano 2022 xa está aprobado e iniciado o procedemento de contratación da empresa que acometerá as obras de mellora da pavimentación. O inicio do expediente levouse esta mesma semana a aprobación en Xunta de Goberno Local, segundo informaron a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto.

 

Con este contrato, que se financia con fondos propios da administración local mosense e ascende a preto de 400.000 euros, mellorarase a seguridade viaria mediante a reposición do firme en 17 camiños municipais de todas as parroquias mosenses, que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.

 

O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoven estes 17 novos asfaltados no termo municipal.

 

Ademais, próximamente iniciarase tamén o procedemento de contratación da mellora da Estrada da Vía na súa lonxitude total de 3,5 quilómetros. Obra que se financiará con cargo ao Plan Concellos cun importe de 354.928,61 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.