VIGO
Vigo concorrerá ao Perte de microchips coa fábrica de fotóns e unha inversión de 50,4 millóns
O alcalde confirmou que o proxecto para construír unha planta de fabricación de microchips e circuítos fotónicos, promovida por Zona Franca en colaboración coa Universidade, concorrerá ás achegas do Perte de microchips. Logo dun ano de traballo na espera desta convocatoria, avanzou que a fábrica suporá un investimento de 50,4 millóns que permitirá abastecer de chips todo o territorio
Vigo aspira a formar parte “desa máquina de fabricación de microchips semicondutores” á que aspira a Unión Europea” que se porá en marcha coa aprobación do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) anunciado polo presidente do Goberno de España e que está dotado con 11.000 millóns de euros. O alcalde lembrou esta semana que a cidade traballa desde marzo do ano pasado nun proxecto promovido desde a Zona Franca -en colaboración coa Universidade - para construír unha fábrica de circuítos fotónicos e un laboratorio de I+D que permita abastecer de chips o territorio. Trátase dun investimento de 50,4 millóns de euros, que en tres anos podería estar funcionando e xerando 150 postos de traballo directos e 700 indirectos.
Caballero subscribiu as verbas de Pedro Sánchez cando definiu este Perte como “unha aposta ambiciosa e audaz” para atraer inversións. Esta iniciativa, ademais, está en liña cos obxectivos da UE que prevé que en en 2030 o 20% dos chips mundiais fabricaranse en Europa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175