GALICIA
A Xunta destina 46m€ ao Plan Emprega para persoas con discapacidade
A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia ante a Comisión especial non permanente sobre políticas de discapacidade
A Xunta está a poñer en marcha políticas efectivas para que as persoas con discapacidade teñan as mesmas oportunidades no ámbito do emprego que calquera outro traballador ou traballadora en Galicia. Tal e como relatou hoxe a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, ante a Comisión parlamentaria non permanente sobre políticas de discapacidade, a Comunidade ten en marcha un programa específico, o Plan Emprega discapacidade e exclusión social, que, con 46M€ de orzamento, incorpora liñas específicas de axuda para fomentar a empregabilidade deste colectivo.
O programa incide na necesidade de abordar a orientación, a formación, a contratación e o emprendemento das persoas con discapacidade desde un punto de vista específico, complementando outras actuacións da Consellería de Emprego e Igualdade nas que este colectivo segue a ser prioritario, con incentivos para acadar a súa inserción e/ou participación nas actividades formativas.
Menos paro e máis contratación
Durante a súa intervención, a directora xeral debullou algúns indicadores de emprego que evidencian que as políticas dirixidas ás persoas con discapacidade promovidas polo Goberno galego están a dar resultados. Lembrou que, segundo os últimos datos da EPA sobre este grupo de poboación, entre 2014 e 2020 a taxa de paro retrocedeu en Galicia máis de 15 puntos ata situarse en 20. En paralelo, matizou, que tanto a taxa de ocupación (+ 10 puntos) como a de actividade (+8,5) rexistraron incrementos no período.
Defendeu que a Xunta traballa para que as persoas con discapacidade teñan as mesmas oportunidades no ámbito do emprego, tendo prioridade e maiores incentivos nos programas que promoven a súa empregabilidade e formación
“O número de contratos a persoas con discapacidade ascendeu (2021) a 18.401, o que representa unha inserción do 2% sobre o total”, detallou Toca, quen remarcou que este índice “supuxo un 21,66% máis que no ano 20”. Nesta liña, a directora xeral subliñou que se pode concluír que “os efectos negativos da pandemia van quedando atrás, tamén para as persoas con discapacidade”.
Programas específicos
Toca destacou programas que, a través do novo Plan Emprega discapacidade e exclusión social, lanzado pola Consellería de Emprego e Igualdade este ano, darán resposta ás necesidades específicas deste grupo de traballadores. Un deles, exemplificou, será o servizo de intermediación avanzado, que suporá máis de 5,5 millóns de euros de investimento en dous anos “coa previsión de atender a máis de 1.300 persoas”, indicou.
Entre outras accións, a directora xeral puxo en valor a presenza da discapacidade no ámbito da Economía Social, onde, por exemplo, os Centros Especiais de Emprego -aos que a Xunta destinou en 2021 un orzamento inicial de 19,9 millóns de euros e espera acadar neste 2022 os 20,8- “dan unha resposta a unha necesidade social esencial como é a integración social e laboral das persoas con discapacidade”.
A iniciativa Galicia Emprega, pola súa banda, reserva 2,9 millóns para favorecer a contratación de persoas desempregadas con discapacidade na empresa ordinaria, unas 200 cada ano, deixando os incentivos de maior contía e intensidade, de ata 16.000 euros, para favorecer as incorporacións indefinidas.
Na promoción do emprego autónomo, o fomento da contratación dos seus traballadores e na posta en marcha de pequenas empresas de nova creación e/u de base tecnolóxica as convocatorias reforzan os apoios ás persoas con maiores dificultades no acceso ao mercado laboral.
Covadonga Toca lembrou tamén que tanto nas actividades de formación para o emprego de persoas desempregadas como ocupadas, a Xunta artella criterios de priorización para fomentar a participación de traballadores con discapacidade que, nalgúns casos, poden acceder a bolsas de asistencia. O mesmo acontece cos Programas Integrados de Emprego e nos Obradoiros Duais nos que parte dos obxectivos se dirixen á inserción destas persoas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186