Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 08:53:24 horas

Xornal21.es
Viernes, 15 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación edita un “manual de boas prácticas en arqueoloxía”

O documento xurde co obxectivo de dar a coñecer o valor do patrimonio arqueolóxico como recurso turístico para a comunidade local

A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos no marco do Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023 coa edición dunha novidosa publicación dirixida aos concellos e persoal técnico local para a xestión sostible do patrimonio arqueolóxico dende a perspectiva municipal. Con “Manual de Boas Prácticas en Arqueoloxía”, xa distribuído entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, a institución provincial pretende dar a coñecer o valor do patrimonio arqueolóxico como recurso turístico para a comunidade local así como achegar información útil para xestionar as intervencións arqueolóxicas, salvagardalas e conservalas.

 

Ata o de agora a Deputación, a través de Turismo Rías Baixas, tiña publicado manuais de boas prácticas dirixidos a establecementos turísticos, axencias de viaxes, oficinas de turismo, guías e mesmo a persoas turistas. O “Manual de Boas Prácticas en Arqueoloxía” é o primeiro centrado nos concellos e persoal técnico local que realizan labores de conservación e posta en valor de recursos turísticos de carácter arqueolóxico. Trátase dun documento fundamental debido á crecente demanda do turismo cultural e arqueolóxico na provincia e á necesidade de crear produtos culturais de calidade, que permitan conservar, protexer, poñer en valor e divulgar o patrimonio arqueolóxico que atesoura o territorio Pontevedra Provincia.

 

 

 

 

Tamén inclúe os procedementos habituais para xestionar as intervencións arqueolóxicas e introduce recomendacións para a súa salvagarda e conservación

 

 

 

 

Trátase dun compendio de normas básicas, definicións, procedementos e recomendacións destinadas ás persoas que xestionan o patrimonio arqueolóxico local. Achega información para protexer, conservar, poñer en valor e divulgar o patrimonio na provincia de Pontevedra, así como transmite os principios, leis estatais e autonómicas e nocións asociadas á xestión do patrimonio arqueolóxico desde a perspectiva local. Tamén afonda nos tipos de bens arqueolóxicos existentes, nos instrumentos para a súa protección e xestión, nos plans urbanísticos dos concellos, na catalogación do patrimonio, na conservación e na planificación das intervencións. Neste ámbito, inclúe cuestións relativas aos procedementos xurídico-administrativos para realizar unha intervención arqueolóxica, modelos de proxectos de intervención e pasos a seguir durante o proceso, dende a autorización por parte da Xunta ata a propia intervención, o tratamento dos materiais, a  memoria, o depósito de materiais ou a difusión e explotación educativa, cultural e turística.

 

O turismo arqueolóxico ten un grande potencial na provincia de Pontevedra e cada vez se realizan máis desprazamentos motivados polo patrimonio cultural. Trátase dunha actividade que contribúe ao desenvolvemento económico e social de sectores como a hostalería, o turismo ou o transporte e, de maneira indirecta, ao comercio e a gastronomía. Para a Deputación de Pontevedra é fundamental fomentar este tipo de turismo que contribúe a desestacionalizar o turismo e ten implicacións tanto no desenvolvemento económico como na conservación do patrimonio como obxecto de consumo.

 

Os Manuais de Boas Prácticas enmárcanse no Plan Estratéxico de Turismo 21-23. A través deste plan preténdese crear un modelo turístico integrado e axeitado á Axenda 2030; planificar o turismo en base ás necesidades do territorio, as persoas e o sector público e privado; avanzar na implantación de medidas concretas desde a sustentabilidade social, económica e ambiental; xerar un turismo ordenado que fomente a creación de riqueza de modo equilibrado e implicar á poboación local e á xuventude nun escenario de continua evolución nas tendencias de consumo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.