Baiona
Dúas persoas foron trasladadas ao estourar unha bombona nunha casa en Baiona
Dúas persoas tiveron que ser trasladadas despois de que unha bombona estourase no interior dunha casa de dous andares, en Baiona.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, unha das persoas foi trasladada ao Hospital Povisa, ao sufrir queimaduras. Por outra banda, a outra persoa tamén foi evacuada ao mesmo centro médico por mor dun estado de nerviosismo.
O estalido provocou un incendio por escape de gas, que deixou unha habitación calcinada por completo. Ademais, a estrutura da primeira planta quedou totalmente afectada.
Os feitos sucederon no lugar da Igrexa, na parroquia de Baíña, ao fío das catro e cuarto desta tarde. A esa hora, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar da explosión.
De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Baixo Miño, do GES do Val Miñor, da Garda Civil e da Policía Local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217