DEPORTES
Pódium galego para a esgrimista canguesa Laura Novas
Terceiro posto para a esgrimista do Club Esgrima Ciudad de Vigo no seu debut na categoría de ‘florete M-15’
A canguesa Laura Novas Bernárdez, do Club Esgrima Cidade de Vigo, vén de acadar o terceiro posto no seu debut como floretista na categoría menores de 15 anos; no ranking galego celebrado na Coruña.
Tras gañar tres encontros na ronda de poules, clasificouse como cuarta cara as eliminatorias directas. Así, na primeira ronda de cuartos de final que dá acceso ás medallas, venceu á tiradora Sofía Salgado cunha ampla vantaxe por 15 tocados a 9.
Desta forma, accedeu ás semifinais, onde foi derrotada coa que finalmente quedou segunda do campionato. Remata así terceira no seu debut, sendo a primeira canguesa en conseguir un recoñecemento neste deporte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218