IGUALDADE
A Xunta clausura o Programa que formou a mulleres sobre novos enfoques laborais
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, clausurou hoxe o programa Impulsa de fomento do empoderamento e liderado feminino no que participaron mulleres en activo, desempregadas, autónomas e emigrantes retornadas
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, clausurou hoxe de xeito virtual o programa formativo de empoderamento e liderado feminino Impulsa, no que 181 mulleres participaron para mellorar a súa empregabilidade e conducir a súa cualificación e adaptala ás necesidades dos sectores emerxentes.
Lado destacou a necesidade de encamiñar ás mulleres galegas cara ao liderado axudándoas a buscar “novas perspectivas, novos enfoques, implicación en sectores emerxentes e un posicionamento na realidade firme, resistente e resiliente”. “Esas son as calidades necesarias para podernos asentar e mirar cara ó futuro”, remarcou.
A formación impartiuse en modalidade virtual desde o pasado de marzo, conformada por obradoiros, masterclasses, equipos de traballo, sesións de networking e grupos de acción para abordar as novas perspectivas do mercado laboral e dar a coñecer novos enfoques de emprego e autoemprego.
Con temas de tendencia como a Silver Economy (dirixida ás persoas maiores ), a economía circular o turismo rexenerativo, o programa aportou recursos e ferramentas ás usuarias.
Un total de 181 mulleres participaron nesta actividade, 76 delas persoas en activo, 85 en situación de desemprego, 8 emigrantes retornadas e 12 mulleres autónomas.
Por medio desta iniciativa, a Xunta persegue incorporar ás participantes ao proceso de cambio e aprendizaxe en áreas persoais e profesionais, e brindarlles recursos e ferramentas o crecemento profesional e persoal.
A directora xeral animou ás participantes a emprender novos camiños profesionais tras “comprobar o interese” pola proposta e o aproveitamento que desta actividade realizaron as participantes. “É un orgullo saber que fomos capaces de darvos as ferramentas e de axudarvos a descubrir as vosas propias capacidades para emprender”, dixo Lado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129